XXI San Silvestre de Castrelo de Miño 2019

Cuando:
31 diciembre, 2019 a las 16:00 – 17:00 Europe/Madrid Zona Horaria
2019-12-31T16:00:00+01:00
2019-12-31T17:00:00+01:00
Donde:
Parque Naútico de Castrelo de Miño
Castrelo de Miño
32430, Ourense
España

XXI San Silvestre de Castrelo de Miño

San Silvestre Castrelo 2019

Información – XXI SAN SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO

Martes 31 de decembro de 2019.

Distancias:

Absoluta (2003 é anteriores): 6.300 mts. (3 voltas)
Cativos (2004-2009): 2.100 mts. (1 volta)
Bebés (2010 en adiante): 100 mts.

Lugar e hora de saída:

Club Náutico Castrelo de Miño.

Categorías menores: 16:00h
Proba absoluta: 16:30hOrganiza:

Club Atletismo Corredores do Miño. Concello de Castrelo de Miño

NORMATIVA:

Non estará permitido o acompañamento dos/as participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos/as atletas
acompañados/as. O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Dado o espírito festivo-deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba. A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os/as participantes nas carreiras. Prohibido correr sen dorsal. Calquera acción considerada antirregulamentaria pola dirección da carreira ocasionará descualificación.

A organización no se fai responsable de posibles accidentes por uso de equipos musicais durante a prova (auriculares,…). A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Avituallamentos:

Os/as atletas disporán dun avituallamento final que consistirá na chocolatada habitual e bica cortesía dos vecinos de Castrelo de Miño.

Gardarroupa:Todos/as aqueles/as que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.

Duchas:

Unha vez rematada a proba estarán a disposición dos/as atletas as duchas na piscina municipal de Castrelo de Miño..

Premios:

1º Clasificado/a Absoluto: 100 Euros + Medalla
2º Clasificado/a Absoluto: 50 Euros + Medalla
3º Clasificado/a Absoluto: 25 Euros + Medalla
Agasallo conmemorativo da prova para todos/as participantes. É SORTEO de agasallos. 100€ Para o mellor disfraz (Xurado: Presidente Corredores do Miño, Excmo. Alcalde de
Castrelo e a Tte. Alcalde de Castrelo).

Prezos:

5€ ata o día 22/12/2019 as 00:00
7€ do 23 ó 29/12/2019 as 00:00
Menores de 16 anos, gratis podendose inscribir ata o día da proba ata 30´antes

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: