“Xogando ao Atletismo” Clubs de Atletismo

Cuando:
15 noviembre, 2019 a las 19:00 – 21:00 Europe/Madrid Zona Horaria
2019-11-15T19:00:00+01:00
2019-11-15T21:00:00+01:00
Donde:
Pista Cuberta Expourense
Barrio Farixa Sup
2B, 32005 Ourense
España

Sportur 2019 – “Xogando ao Atletismo” Clubs de Atletismo

A Federación Galega de Atletismo, Expourense e o Servizo Provincial de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia, organizarán a actividade “Xogando ao Atletismo” o 15 de novembro de 2019, dentro do programa de actividades do Salón do Deporte e Turismo Activo – Sportur Galicia. Esta competición desenvólvese cun modelo de probas alternativas, para fomentar a práctica do atletismo.

Data e lugar

Xogando ao Atletismo – Sportur 2019 celebrarase o 15 de novembro de 2019 na
Pista de Atletismo Cuberta de Ourense – Expourense.

Horario

Venres, 15 de novembro de 2019 – 19:00 a 21:00

Participantes

É unha proba por equipos destinada a Clubs de Atletismo da Provincia de Ourense.

Cada Club poderá presentar equipos compostos por 5 atletas das categorías Sub10– Sub12 – Sub14 que conten con licenza federativa en vigor. Os equipos serán mixtos e estarán formados por polo menos dúas persoas dun mesmo sexo.
Exemplo: 2 homes e 3 mulleres ou 3 homes e 2 mulleres.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.