San Silvestre Ourensá 2018

Cuando:
31 diciembre, 2018 a las 17:00 – 18:00 Europe/Madrid Zona Horaria
2018-12-31T17:00:00+01:00
2018-12-31T18:00:00+01:00
Donde:
Ourense
Orense
Ourense
España

San Silvestre Ourensá 2018

San silvestre ourensa ourense 2018

REGULAMENTO SAN SILVESTRE OURENSÁ 2018

 

ARTIGO  1.  Organización

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a San Silvestre Ourensá que se celebrará polas rúas da cidade o luns 31 de decembro de 2018.

Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atle- tismo – Delegación en Ourense e por procedementos automatizados.

ARTIGO 2. Participantes

Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. Realizarase unha clasifica- ción conxunta.

A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase polas normas recollidas na Circular RFEA 178/2018.

ARTIGO 3. Categorías

Establécense as seguintes categorías:

  • Pitufos. Nados/as no ano 2012 e
  • Sub10. Nados/as nos anos 2010 e
  • Sub12. Nados/as nos anos 2008 e
  • Sub14. Nados/as nos anos 2006 e
  • Sub16. Nados/as nos anos 2004 e
  • Sub18. Nados/as nos anos 2002 e
  • Sub20. Nados/as nos anos 2000 e
  • Sub23. Nados/as nos anos 1997, 1998 e
  • Senior. Nados/as nos anos 1996 e anteriores ata Máster.
  • Máster A. De 35 a 44 B. De 45 a 54 anos. C. De 55 a 64 anos. D. >65 anos.
  • Absoluta.

ARTIGO 4. Horario

HORA CATEGORÍA CIRCUÍTO DISTANCIA
16.00 Pitufos Xardín do Posío 70 m
16.10 Sub10 – Sub12 1 Volta pequena 1.5 km
16.25 Sub14 – Sub16 1 Volta grande 2.5 km
16.45 Absoluta 2 Voltas grandes 5 km

ARTIGO 5. Percorrido

A saída e meta estará sita no Xardín do Posío.

Percorrido: Xardín do Posío – Rúa Padre Feijoo – Rúa Colón – Praza Maior – Rúa Barreira – Rúa Burgas

– Rúa Desengano – Avenida de Pontevedra – Rúa Lamas Carbajal – Rúa do Paseo – Rúa Concordia – Rúa Santo Domingo – Praza do Ferro – Rúa dos Fornos – Rúa Unión – Praza do Trigo – Rúa Hernán Cortés – Rúa Prieto Nespereira – Rúa Lugo – Xardín do Posío.

A organización poderá modificar este percorrido, total ou parcialmente, por razóns de seguridade.

ARTIGO 6. Incricións

As inscricións estarán abertas do 3 de decembro ata o 26 de decembro de 2018 ás 20:30 h. As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.carreirasgalegas.com.

Para as categorías Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 a inscrición será gratuíta.

Para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Sénior e Máster a cota de inscrición será de 5 do 1 ao 20 de decembro de 2018 e de 7 desde o 21 ao 26 de decembro de 2018. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

ARTIGO 7. Retirada de dorsais e chips

A recollida de dorsais e chips terá lugar o sábado 29 e domingo 30 de decembro de 2018 en ho- rario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 no establecemento de TURINI sito na Rúa Cardenal Quevedo, 19 – Baixo, C.P. 32004, Ourense.

NON se entregarán dorsais o día da carreira.

ARTIGO 8. Premios

Todos/as os/as participantes das categoría Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.

Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un trofeo.

ARTIGO 9. Descualificacións

Todo participante que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será descualificado.

Na proba absoluta, a organización establece un peche de control 45 minutos despois da saída.

ARTIGO 10. Asistencia

Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización. Nin bici- cletas, patíns ou persoas non inscritas que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participan- tes. Non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.

Non está permitida a participación con dispositivos reprodutores de música con auriculares.

ARTIGO  11.  Reclamacións

As reclamacións aos resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da Compe- tición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

ARTIGO 12. Asistencia médica e seguros

A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización.

Os servizos médicos e o Xuíz Árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e ac- cidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desen- volvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinado- res comerciais, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo/a participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

ARTIGO 13. Aceptación do regulamento

Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o pre- sente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resol- verase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.

Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsa- bilidade Civil así como a xestión da licenza de día de ránking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito á Federación Galega de Atletismo. Avenida. de Glasgow, 13, C.P. 15008, A Coruña ou correo electrónico a federacion@atletismo.gal.

Noticia relacionada

Ourense, Castrelo y Allariz cerraron el año deportivo de Ourense

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.