IV San Silvestre Ourensá 2019

Cuando:
31 diciembre, 2019 a las 16:00 – 18:00 Europe/Madrid Zona Horaria
2019-12-31T16:00:00+01:00
2019-12-31T18:00:00+01:00

IV San Silvestre Ourensá 2019

 

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a San Silvestre Ourensá que se celebrará polas rúas da cidade o martes 31 de decembro de 2019.
Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo – Delegación en Ourense.
Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares.
Percorrido: A saída e meta estará sita no Xardín do Posío.
Inscricións: Estarán abertas do 2 de decembro ata o 26 de decembro de 2019 ás 20:30 h.
Retirada de dorsais e chips: A recollida de dorsais e chips terá lugar o luns 30 de decembro de 2019 en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 no establecemento de TURINI sito na Rúa Cardenal Quevedo, 19 – Baixo, C.P. 32004, Ourense. NON se entregarán dorsais o día da carreira.
Premios:
  • Todos/as os/as participantes das categoría Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.
  • Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un trofeo.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.