Control federado de marcas en pista cuberta 2018/19 – Atletismo

Cuando:
12 enero, 2019 a las 16:00 – 21:30 Europe/Madrid Zona Horaria
2019-01-12T16:00:00+01:00
2019-01-12T21:30:00+01:00
Donde:
Expourense
Barrio Farixa Sup
2B, 32005 Ourense
España

Control federado de marcas en pista cuberta 2018/19

Atletismo Expourense

Os clubes de atletismo O Pino, Millaraio, A Silva, Negreira e Deza  organizarán o vindeiro sábado 12 de xaneiro de 2019 nas pistas de Expourense un control federado de marcas.

NORMATIVA

Art.1)Poderán participar todos os atletas federados que se atopen en calquera das seguintes condicións:

1  Atletas que teñan  fichado ó longo da tempada actual (2018/2019) por algún club pertencente a Galicia.

1  Atletas con ficha pola Federación Galega de Atletismo ainda que pertezcan a clubes de outras Comunidades Autónomas.

Art.2) As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/) ata as 22:00 horas do martes 8 de xaneiro do 2019. Lémbrase a obrigatoriedade de especificar a data e lugar da marca nas inscricións.

Art 3) Limitación de participación:

Darase preferencia aos atletas pertencentes aos  clubes organizadores. A maiores aplicaranse os seguintes criterios de participación:

1  3000  ml masculino e feminino (2 series de 15 participantes máximo. De sub  16 en adiante.

1 300 ml masculino e femenino (3 series de 6 participantes máximo). Sub 16.

1  800  ml masculino e feminino (2 series de  12  participantes máximo). De sub18  en adiante.

1  200  ml masculino e feminino (3 series de  6 participantes máximo). De sub  18  en adiante.

1  50 ml sub 10 e 60 ml sub 12, sub 14 e sub 16 e sup. 4 series como máximo.

1  Altura masculino e feminino (14 participantes). De sub 14 en adiante.

1  Lonxitude masculino e feminino (12 participantes máximo por concurso). De sub 10 en adiante.

1 Salto Triplo femenino (12 participantes máximo por concurso). De sub 14 en adiante.

*Admitiranse as millores marcas dos inscritos. O comité técnico reservase o dereito a admitir atletas que polo interese do atletismo galego non teña marca acreditada na devantida proba. Nos concursos das categorías sub 10, sub 12 e sub 14 terase en conta as marcas de cada categoría.

Art.4) Os atletas deberán utilizar o/s dorsal/is de forma totalmente visible, por diante, en toda a súa superficie. O incumprimento desta norma será motivo de descualificación. Será responsabilidade dos atletas levar consigo imperdibles ou calquera outro sistema para a colocación do dorsal.

Art.5) En tódalas carreiras, a confección das series realizarase en función dos rexistros que posúan os atletas na presente tempada, ou no seu  defecto na tempada anterior.

Art 6) A cadencia das alturas será publicada previamente cos inscritos.

Art.7) Nos concursos de lonxitude sub 14 e sup e triplo femenino sub 16 e sup pasarán à mellora as 6 mellores marcas independentemente da súa categoría. Nas categorías sub 10 – sub 12 farán soamente 4 intentos sen mellora.

Art.8) HORARIO:

HOMES HORA MULLERES
Peso  sub 14 e sup 16:00 h Lonxitude sub 10 – sub 12
50 ML sub 10 16:15 h
16:35 h 50 ML sub 10
60 ML sub 12 16:55 h
Lonxitude sub 10 – sub 12 17:00 h Peso  sub 14 e sup
17:15 h 60 ML sub 12
60 ML sub 14 17:35 h
17:55 h 60 ML sub 14
Altura sub 14 e sup 18:00 h Lonxitude sub  14 e superiores
60 ML sub 16 e sup 18:15 h
18:35 h 60 ML sub 16 e sup
200 ML sub 18 e sup 18:55 h
Lonxitude sub  14 e superiores 19:00 h Altura sub 14 e sup
19:15 h 200 ML sub 18 e sup
300 ML sub 16 19:35 h
19:55 h 300 ML sub 16
20:00 h Triplo sub 16 e sup
800 ML sub 18 e sup 20:05 h
20:15 h 800 ML sub 18 e sup
3000 ML sub 16 e sup 20:30 h
21:00 h 3000 ML sub 16 e sup

Art 9) O atletas sub 18 e sup deberán aboar  a cantidade de 2 € pola súa participación. O pago conha recollida do dorsal.

Art 10)  Todo  o  non  disposto  no  presente  regulamento  resolverase,  por  esta   orde,   de acordo  as normas técnicas da FGA, RFEA e IAAF.

Cómo llegar a la Pista Cubierta de Expourense – Ourense

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.