Destacado Es noticia Gimnasia 

Ximnasia Pavillón clasifica a cinco conxuntos para o Nacional Base e a Copa de España

CINXO CONXUNTOS DO CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE E ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN CLASIFICADOS PARA O NACIONAL BASE E COPA DE ESPAÑA (MURCIA, 7-11 de novembro)

As pavillonistas comezan a tempada de conxuntos con actividade desenfrenada. Trala xornada clasificatoria que tivo lugar en Marín o sábado día 6 de outubro serán cinco os conxuntos das súas filas que viaxarán a Murcia.

Control de conxuntos de nivel absoluto

A xornada comezou co control de conxuntos de nivel absoluto. Non puideron clasificar ós catro conxuntos que se mediron nesta proba.

O conxunto alevín non realizou o seu  mellor exercicio e clasificouse no segundo posto da súa categoría tras o Club Maniotas de Vigo.

 

Os conxuntos junior e senior clasificáronse ámbolos dous coa mellor nota da súa categoría. Serán por tanto estes tres conxuntos do Club Ximnasia Pavillón Ourense os que participarán na 3º Fase de Copa de España de conxuntos de nivel absoluto, tendo participado tamén nas dúas anteriores.

Campionato Galego de conxuntos de nivel base

Despois deste control tivo lugar o Campionato Galego de conxuntos de nivel base.

O conxunto infantil do Club Ximnasia Escola Pavillón (Antía, Sara, Carla, Candela, Noa, Paula e Laura) obtivo o bronce, tras o Club As Triscas e Ximnasia Porriño.

 O conxunto infantil do Club Ximnasia  Pavillón Ourense, no seu primeiro ano na categoría (Uxía, Iria, Carmen, Vera, Daniela e Sabela),  rematou finalmente na 4º posición, realizando un excelente exercicio no primeiro pase que as colocara terceiras, tras os erros do segundo pase.

Finalmente en xornada de tarde, participaba no control técnico Sabela de Martín. Acadou o sétimo posto da clasificación.

A seguinte cita para case todas estas ximnastas será o Torneo Cidade de Vigo, que se celebrará en Vigo dentro de dúas semanas e será unha oportunidade máis de tomar contacto coa competición antes de viaxar a Murcia.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.