Xadrez de élite en Ourense coas «II Xornadas Internacionais G.M. Iván Salgado»
II Xornadas Internacionais de Xadrez co G.M. Iván Salgado
Estas xornadas contarán dentro do seu programa cunha Conferencia / Master Class (o venres día 21 a partir das 19.30 no salón de actos da Casa do Chocolate, na que Iván Salgado analizará para o público os aspectos deportivos e psicolóxicos das súas partidas de competición ante os mellores do mundo, incluida a última disputada ante Magnus Carlsen o pasado Decembro).
Tamén teremos un encontro amistoso entre unha Selección Ourensana encabezada por Iván Salgado e composta por 10 xadrecistas de todas as cateogrías que se enfrentará a un combinado internacional ( O Sábado 22 a partir das 11.30 horas no salón de actos da Casa do Chocolate), e x apola tarde teremos unha espectacular exhibición cronometrada de Iván Salgado e o Mestre Internacional Portugués André Ventura, chamada o “Reto Olímpico”, na que Iván e André se enfrentarán simultánemanete a 40 xadrecistas xóvenes e veteranos, tentando vencer todas as partidas sin consumir o tempo dos seus cronómetros.
II Torneo de Xadrez Relámpago Iván Salgado
Xa no Domingo 23, e a partir das 11.00 horas en Expourense, teremos o “II Torneo de Xadrez Relámpago Iván Salgado”, unha rapídisima e espectacular modalidade na que os xadrecistas únicamente terán 3 minutos nos seus cronos para disputar toda a súa partida, a continuación terá lugar a Clausura e entrega de premios destas xornadas internacionais, (arredor das 13.30 horas), tamén en Expourense.