cd velle ascensoDestacado Es noticia Futbol 

Un penalty en el descuento da la salvación al C.D. Velle

O partido que hoxe, fronte o Mondariz FC, no Monte da Aira dirimía o futuro do CD Velle na categoría. Foi un resume da tempada, moita loita, tensión e moito, moito sufrimento.

Despois dunha primeira parte na que o equipo local foron claros dominadores, con ocasións de Varandela e Caneiro para adiantarse no marcador, chegábase a segunda parte cun 0 a 0 que de nada valía.

cd velle ascenso

A peor das noticias chegaba nunha contra do Mondariz FC que tomaba ventaxa no marcador (0-1). Chegaba o todo o nada para o Velle que volcábase nun asedio total á portería rival, pero sin chegadas claras.

Nunha internada pola banda esquerda, un rechace chegaba a Guede que de forma acrobática conseguía o empate a falta de 10 minutos para o final do partido.

Último minuto con empate no marcador e chega o penalty sobre Miguel Salgueiros. Toda a tensión lle caía encima a Ocampo que transformaba a pena máxima, a pesar da gran intervención do porteiro visitante, significando un 2 a 1 que vale salvación.

Noticias relacionadas