Triunfo de Auriense FG sobre Irmandinhas en la Liga Galega de Fútbol Gaélico
Auriense 3-15 (24) – Irmandinhas 1-11 (14)
Nova fin de semana de gaélico no sintético da Universidade, xa a terceira consecutiva, desta volta a quenda sería soamente para as rapazas, pois a equipa masculina de Irmandinhos non se presentou ó encontro que tería lugar o domingo.
Na xornada do sábado as nosas rapazas xogaron un partido vital para poder loitar pola cuarta posición, a equipa visitante chegaba dende A Estrada coa intención de levarse os dous puntos, no que a priori semellaba un partido moi igualado.
O partido comezou coas estradenses dominando, con acerto a paos nos primeiros minutos, mais co paso do tempo as nosas rapazas foron asentando as bases do que sería un partido con amplo dominio local, tendo como punto destacable a férrea defensa, ante a que pouco puideron facer as visitantes.
A grande vantaxe adquirida pola nosa parte mantívose até a segunda metade, onde as estradenses a puideron reducir lixeiramente froito do cansazo da nosa equipa, pois acudiron á cita sen trocos. O resultado final foi de 3-15 (24) para Auriense e 1-11 (14) para as Irmandinhas.
A vindeira semana visitarán Gondomar coa intención de rubricar o bó xogo amosado nesta penúltima xornada e que será o último de liga para as nosas.