Auriense FGEs noticia 

Táboas para o Auriense feminino e triunfo sen xogar para o masculino

A fin de semana comezaba para Afiadoras tocándolle viaxar ata Moaña onde ía xogar por vez primeira fronte ao Berobreo F.G.

Berobreo F.G. 2-8 (26) vs Afiadoras F.G.9-3 (18)

Este encontro prometía estar moi desputado e así foi. Na primeira parte os locais foron impondo o seu ritmo onde o noso equipo non daba conseguido estar cómodo defensivamente pero sen cesar de loitar cada balón. Así neste tempo remataríao cun clara ventaxa para Berobreo F.G. No segundo tempo Afiadoras foi marcando o seu ritmo e amosando a súa gran defensa cun gran tempo para desfrutar con grandes xogadas por parte de ámbalas escuadras. Finalmente uns erros defensivos lastraron ao equipo das Burgas, para rematar así o encontro con: Berobreo F.G. 2-8 (26) vs Afiadoras F.G.9-3 (18).

Auriense Campus da Auga F.G.

Trala viaxe á provincia de Pontevedra o domingo seguiu cos partidos do Auriense Campus da Auga F.G. no campo da Universidade.

Auriense FG

As primeiras en saltar ao campo foron as rapazas que enfrontábanse nun xa coñecido derbi da liga, fronte o Herdeiras de Dhais de Lalín. De seguro que ía depararnos un gran partido. A primeira parte ao igual que na segunda foron un sen parar de puntos por parte de ámbalas escuadras. Cun gran xogo defensivo por parte das nosas rapazas, mantendo moi á raia ás visitantes. As xogadores do Deza só conseguiría anotar por puntos e nunha ocasión a gol no primeiro tempo. Na segunda parte o xogo das nosas fíxose máis rápido e con maior acerto. Malia todo as Herdeiras non baixaron en ningún momento os brazos. Deleitándonos cun final de infarto cando nos últimos 2 minutos as ourensás marcarían o gol do empate, neste punto ámbolos equipos buscaban anotar para levarse a victoria. Pero este gran partido quedou en táboas cun marcador final de Auriense Campus da Auga F.G. 4-8 (20) vs Herdeiras de Dhais F.G. 1-17 (20)

Tralas rapazas tocáballe o turno ao masculino, estes ían desputar o seu último partido da 1ª volta da liga fronte ao arousán, Dorna F.G. Este partido foi anulado dado a imposibilidade do conxunto visitante de xuntar o número mínimo de xogadores.

Este partido foi dado por gañado ao noso equipo, ao falar Dorna F.G. co Comité de Competición. Agora os nosos rapaces esperan que se remate de confeccionar o grupo pola loita a polo título.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: