Destacado Es noticia Futbol gaélico 

Pleno de victorias para o Auriense F.G. na visita de Keltoi

As dúas escuadras do Keltoi Vigo achegáronse desde a cidade olívica para desputar os derradeiros encontros da primeira volta

Auriense F.G. 9-09 (36) / Keltoi 2-07 (13)

No partido das 17:30, o cadro masculino confirmou a excelente campaña que están a realizar, gañando con solvencia e, cun gran acerto entres os tres paus, contra un Keltoi que aguantou o tirón durante os primeiros 15 minutos

Auriense F.G. 1-13(16) / Keltoi 0-09 (9)

Respecto á categoría feminina, nun encontro que non se rompeu ata o segundo tempo, as rapazas do Auriense fixeron boas as súas contras e os tiros a paus, para levarse a victoria e manterse na parta alta da clasificación.

A liga descansa durante dúas semanas para retomar a competición xa nos grupos que dan acceso á loita polo título.

O próximo rival que visitará o Campus será o actual campión en categoría masculina, e unha das favoritas na feminina, o Irmandinhos de A Estrada

Outros resultados da xornada 13ª

Sábado 13 de xaneiro

Campo municipal do Pombal (Cambados)

  • Cambados Gaélico 3-06 (15) vs 10-17 (47) Herdeirxs De Dhais F.G.

Campo Manuel Regueiro (A Estrada)

  • Irmandinhos A Estrada 3-17 (26) vs 1-06 (9) A Coruña Fillos de Breogán
  • Irmandinhas 1-5 (8) vs 10-18 (48) Fillas de Breogán

Campo da Bouza (Illa de Arousa)

  • Dorna FG 1-9 (12) vs 2-9 (15) – Ártabros de Oleiros

Domingo 14 de xaneiro

Campo da Universidade (Ourense)

  • Auriense F.G. 9-09 (36) vs 2-07 (13) – Keltoi Vigo (masculino)
  • Auriense F.G. 1-13 (16) vs 0-09 (9) Keltoi (feminino)

Campo Príncipe Filipe (Pontevedra)

  • Pontevedra Fútbol Gaélico 2-06 (12) vs 9-20 (47) Herdeiras de Dhais F.G.

Noticias relacionadas