Os equipos de Auriense F.G. volven derrotados da visita a A Coruña
Liga Galega de Fútbol Gaélico
Fin de semana desastroso para o conxunto ourensán, que perdeu tanto na categoría masculina e feminina nos seus desprazamentos á cidade de A Coruña.
O sábado, os rapaces plantaron cara ata o descanso a Fillos de Breogán, equipo favorito ao título, caendo nun segundo tempo onde o equipo local non tivo rival e onde o Auriense desinflouse fisicamente, permitindo numerosas contras e tantos fáciles. Resultado final: Fillos 6-13 (31) – Auriense 0-04(4).
Con derrota pero con mellores sensacións, o partido disputado o domingo por parte do Auriense feminino contra Fillas de Breogán: Fillas 4-16 (28) – Auriense 0-17(17).
Pese a que en defensa as visitantes encaixaron 4 tantos, é destacable o acerto a paus que nos últimos encontros están tendo as ourensás, unha faceta importante que seguro axudará a competir coas equipas da parte alta da táboa.