Piraguismo Castrelo Fluvial Avion Marta MiguezEs noticia Piragüismo 

Marta Míguez destaca en Castrelo de Miño a aposta polo deporte feminino e de base do Fluvial Avián

Marta Míguez augura “moitos éxitos” ao club de Piragüismo Fluvial de Avión nesta nova tempada e destaca a súa aposta polo deporte feminino e de base

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na xornada de hoxe na presentación do club de piragüismo fluvial de Avión. Alí augurou “moitos éxitos” a un club que suma 42 fichas -17 mulleres e 25 homes- e 22 nenas e 32 nenos na escola deportiva que tivo ligar nos meses de xullo e agosto. Ademais, celebrou que o club gañara nesta tempada a Liga Galega Máster Feminina. “Animámosvos a traballar na promoción da participación feminina e na transmisión de conceptos como a tolerancia, o esforzo e o traballo en equipo”, apuntou.

Tras gabar a traxectoria do piragüismo galego, marca de país, Marta Míguez salientou a importancia da conservación do medio ambiente, neste caso os ríos que son “espazos para a convivencia e desenvolvemento deportivo, puntos de referencia para o tempo de lecer e mesmo para o turismo deportivo do que estamos a facer bandeira na nosa comunidade autónoma”.

Piraguismo Castrelo Fluvial Avion Marta Miguez

Do mesmo xeito, nas súas verbas recordou as obras de mellora do Parque Náutico de Castrelo de Miño nas que a Xunta investiu 21.671,55 euros para a renovación das pasarelas de acceso e sistema de fixación dos tres pantaláns garantindo que non se despracen debido a un novo sistema de amarre.

A secretaria xeral salientou tamén a iniciativa do club que inclúe deportistas asociándose ao Club Náutico Castrelo de Miño. Deste xeito, o club de Avión poderá desenvolver a súa actividade deportiva nunhas instalacións máis axeitadas. “O crecemento e a mellora no deporte radica na colaboración e na asociación entre todos os axentes do tecido”, dixo.

Noticias relacionadas