Futbol Gaélico: Mecos e Artabras rivais da xornada para Auriense FG
Os homes xogan en O Grove ante Mecos e as mulleres na Coruña fonte Ártabras
Despois da emoción dos partidos internacionais disputados no Campo da Universidade, esta fin de semana voltan os partidos de liga para o Auriense F.G.
Na categoría masculina, o cadro ourensán disputa un dos partidos máis complicados de toda a Liga, no campo dos Mecos, en O Grove. No caso de obter unha victoria, estarían a un paso de conseguir o ascenso, quedando ainda por disputar tres encontros, ámbolos tres en Ourense como locais.
O partido disputarase o domingo ás 17:30 horas.
Respecto ao cadro feminino, o sábado ás 16:30, xogan o primeiro partido da segunda volta contra Ártabras de A Coruña. O equipo feminino rematou na 6ª praza na primeira fase, polo que disputará os encontros que lle restan coa parte baixa da táboa.