Es noticia Futbol gaélico 

Futbol Gaélico: Cara e cruz para os representantes do Auriense F.G.

Cara e cruz para os representantes do Auriense F.G. na Liga Galega de fútbol Gaélico.

Victoria do cadro feminino

O cadro feminino, trouxo a victoria de terras coruñesas, onde gañou con solvencia a Ártabras, cun aplastante 38 – 57 (9-11 / 11-24)
Un partido espectacular onde ambos equipos nos brindaron cun gran acerto, especialmente no tiro a paus, onde o conxunto ourensán estivo especialmente atinado.

E derrota do masculino

Segunda derrota consecutiva do Auriense masculino, que está a sufrir nesta segunda volta en todos os seus desprazamentos. Esta vez, cun rival directo para o ascenso: O Mecos de O Grove.

O partido estivo dominado completamente polo conxunto local, 8-10(34) – 2-12(18), que superou a defensa en todo momento, chegando a marcar ata 8 goles.

Con esta derrota, o Auriense, vese abocado á segunda praza.

Recordar, que o primeiro equipo sube directamente, e segundo e terceiro disputan playoff polo ascenso á primeira división.

O cadro ourensán opta ainda por xogarse o ascenso directo ou a praza a playoff. Restan 3 partidos a xogar na casa, un deles contra outro rival directo: Dorna da Illa de Arousa

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: