UDOurense Marquitos Foto Nacho RegoEs noticia Futbol 

Eleccións U.D. Ourense: candidaturas ata o 19 de xullo e 29 elección da Xunta Direcctiva

Convocatoria de eleccións na Unión Deportiva Ourense

U.D. Ourense

O día 4 de Xullo de 2019 ás 20:00 celebrouse Asamblea Extraordinaria da Unión Deportiva Ourense, na que se abriu un novo poceso electoral e constituíuse a Xunta Electoral. Tras a lectura do regulamento electoral do clube, decidiuse:

  1. Dar de prazo ata o día 19 de Xullo de 2019 ás 23:59 horas para a presentación de candidaturas segundo o modelo dispoñible na web http://udourense.com. Cada membro da candidatura deberá aportar fotocopia do DNI.
  2. Convocar Asamblea Xeral Extraordinaria para o día 29 de Xullo de 2019 ás 19:30 horas en primeira convocatoria ou ás 20:00 en segunda convocatoria no Centro Cultural Marcos Valcárcel, tendo como único punto da orde do día a elección da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense.
  3. Establecer como vía de comunicación para a presentación de candidaturas, resolución de dúbidas, recursos ao censo ou das candidaturas e comunicación oficial a dirección de correo electrónico eleccionsudourense2019@gmail.com,sendo ésta a única vía de comunicación válida

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.