maraton escaladaEs noticia Escalada 

El Maratón de Escalada do Canón do Sil alcanzará el domingo su séptima edición

VII Maratón de escalada do Canón do Sil

O Club Alpino Ourensán organiza o 7 de setembro a séptima edición da xa consolidada Maratón de escalada do Canón do Sil, concebida entorno a idea de xuntar a escaladores do noroeste de España a través dunha xornada de escalada e facer da mesma unha festa e encontro do deporte.  O Canón do Sil é unha zona rica en cultura, gastronomía, historia, impresionantes paisaxes e unha gran escola de escalada, e a maratón esta dirixida para fomentar por un lado a escalada deportiva, pero tamén a divulgación da escola de escalada e o Canón do Sil como destino.

Na Maratón de Escalada, trátase de escalar por cordadas e en autosuficiencia o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten a súa propia puntuación en fucion da súa dificultade, gañando a cordada que consiga o maior número de puntos.

A escalada é un deporte de moda que debido o seu crecemento, o Comite Olimpico Internacional decidiu incluílo coma novo deporte olímpico en Tokio 2020.

E neste sentido, o maratón de escalada do Canón do Sil é unha competición sen igual en Galicia (12 horas de escalada) sendo referente no Norte de España e Portugal e nun lugar incomparable, o Canón do Sil.

Toda a información da proba aquí:
https://www.clubalpinoourensan.es/maraton/2019/07/30/vii-maraton-de-escalada-canon-do-sil/

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: