Domingo perfecto para Auriense Campus da Auga FG en la Liga Galega de fútbol gaélico
Doble victoria do Auriense Campus da Auga FG
Gran domingo para o único representante na Liga Galega de fútbol gaélico da provincia de Ourense.
Keltoi 1-07(10) – Auriense 0-16(16).
Pola mañá, na cidade de Vigo, o Auriense Feminino visitaba con numerosas baixas ao Keltoi, rival moi complicado e que se situaba na parte superior da táboa.
Tras un partido excelente, onde as xogadoras ourensás estiveron acertadísimas no tiro a paus e conseguiron, ademais de neutralizar o ataque olívico en todo momento, sentenciar o encontro na parte final do choque, conseguindo tamén levarse o average, moi importante cara final de liga: Keltoi 1-07(10) – Auriense 0-16(16).
Auriense 10-12(42) – Estrela Gaels 2-08(14)
Pola tarde, o equipo masculino xogábase quedar entre os catro mellores equipos de Galicia, contra o Estrela Gales de Santiago de Compostela.
Ainda que cun comezo titubeante, debido en parte á excesiva calor que rexistraron os termómetros onte na capital, rapidamente o conxunto ourensá fixo gala do seu acerto a gol e rompeu o encontro no primeiro tempo.
O segundo tempo, estivo marcado polas contras e de novo, o acerto cara os tres paus. Marcador final: Auriense 10-12(42) – Estrela Gaels 2-08(14)
Un éxito e unha temporada redonda para o conxunto do Auriense, que agora loitará polo título e pola clasificación ao Ibérico, a disputar en Barcelona durante o mes de xuño.