III Copa Gallaecia de fútbol gaélicoEs noticia Futbol gaélico 

Copa Gallaecia de fútbol gaélico o vindeiro sábado en Xinzo

O próximo sábado Xinzo de Limia acollerá a III Copa Gallaecia de fútbol gaélico.

III Copa Gallaecia de fútbol gaélico

Os campos da Moreira en Xinzo de Limia, Ourense, acollerá este sábado 9 de xuño a III Copa Gallecia organizada polas Afiadoras F.G., o equipo de fútbol gaélico mixto da Comarca de Ourense.

A competición comezará a partir das 11:00 h da mañá, alongándose durante todo o día tendo lugar a final sobre as 19:30 h da tarde.

Estarán presentes 9 equipos: Afiadoras, O Condado, Suévia, Cascarilha, Torques, Fusquenlha, Gróvios, Turonia e Ambílokwoi.

Entre todos disputaranse a Copa con 24 partidos que prometen ser una auténtica festa do gaélico galego así como una mostra da irmandade de todas as persoas que forman parte deste proxecto.

Noticias relacionadas