Comeza a fase final da liga para o Auriense Campus da Auga FG
Comeza a fase final da liga para o Auriense Campus da Auga FG
Despois dun mes volta o gaélico ao sintético da Universidade, no que os equipos do Auriense se enfrontan aos composteláns, Estrela Vermelha, o domingo 24 a partir das 16:30.

O primeiro equipo en saír ao verde ourensán será o cadro feminino, que demostrou un grandísimo nivel no III Torneo Garañón o pasado 9 de marzo na Estrada, e que buscará ante o segundo clasificado da liga unha vitoria que achegue ao equipo ata os 4 primeiros postos de liga, os cales dan acceso a desputar a fase final do Ibérico en Barcelona.
Trala finalización do encontro feminino sera o turno do cadro masculino, que despois dunha moi boa primeira volta quedou encadrado no grupo que loita polo título da liga.
Os rapaces buscarán a vitoria contra o equipo mais laureado da liga, co obxectivo tamen de colarse nos 3 primeiros postos que dan acceso á fase final do Ibérico.