Club Deportivo Ourela organiza la III Fase de Niveis de patinaje

O sábado 22 de novembro no Pavillón Municipal de Celanova

O Club Deportivo Ourela estréase como organizador dunha competición oficial da Federación Galega de Patinaxe o sábado 22 de novembro pola mañá: a III Fase de Niveis das provincias Lugo-Ourense. O horario previsto é de 11.30h a 13.00h.

Debido á falta de dispoñibilidade de instalacións no Concello de Ourense, a competición terá lugar no Pavillón Municipal do Concello de Celanova, co que o club colabora habitualmente e a quen agradecen os continuos esforzos e as facilidades que sempre lles brindan. Igual que ao Grupo Vilacastro e a Forgal que respaldan o traballo deste club dende os seus inicios.

Nesta ocasión serán seis as patinadoras do club ourensán as que intentarán subir de nivel o sábado: María, Carlota, Yaiza, Ana, Paula e Claudia.

O Club Deportivo Ourela chegou a Ourense hai un ano. Na súa primeira tempada conseguiron que máis de trinta rapaces e rapazas se engancharan a este deporte e participasen en varias exhibicións e competicións.

Agora afrontan a segunda tempada con novos retos, máis patinadores e moitas ganas de seguir medrando e desfrutando deste deporte.

Os horarios oficiais previstos pola Federación Galega de Patinaxe para a III Fase de Niveis das provincias Lugo-Ourense:

– NIVEL 1: DE 11:30 A 11:55

– NIVEL 2: DE 11:55 A 12:15

– NIVEL 3: DE 12:15 A 12:45

– NIVEL 4: DE 12:45 A 12:55

– NIVEL 5: DE 12:55 A 13:00

[Orde saída 3ª Fase Niveis Lugo-Ourense]

 

Relacionado con: : ,

 

Sobre el autor

Mas entradas por