Es noticia Patinaje 

Club Deportivo Ourela organiza a Copa Galega de Grupos Show de patinaxe

O sábado 18 de abril no Pazo dos deportes “Paco Paz”

 XIII Copa Galega de Grupos Show de patinaxe artística

Ourense acollerá a máis de 300 participantes na XIII Copa Galega de Grupos Show de patinaxe artística. O Club Deportivo Ourela organiza esta competición o sábado 18 de abril no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Trátase dunha competición oficial da Federación Galega de Patinaxe, que se convirte na primeira competición de nivel autonómico deste deporte na nosa provincia. Están inscritos 260 patinadores e patinadoras máis outras 47 persoas entre técnicos e delegados, pertencentes a 15 clubs que virán dende toda Galicia.

A entrada é gratuita para que todos os interesados poidan acudir ao Pazo a coñecer este deporte e desfrutar do espectáculo técnico e artístico que se vivirá a partir das 17.00h cos mellores patinadores galegos nesta modalidade.

cartel_copa_ourela_patinaje

Club Deportivo Ourela 

O Club Deportivo Ourela chegou a Ourense hai pouco máis dún ano. Na súa primeira tempada conseguiron que máis de trinta rapaces e rapazas se engancharan a este deporte e participasen en varias exhibicións e competicións.

Agora afrontan a segunda tempada con novos retos, máis patinadores e moitas ganas de seguir medrando e desfrutando deste deporte.

Noticias relacionadas

One Thought to “Club Deportivo Ourela organiza a Copa Galega de Grupos Show de patinaxe”

Comments are closed.

A %d blogueros les gusta esto: