cidade_as_burgas_final_minicopainfantil8Destacado Es noticia Futbol Sala 

Cidade de As Burgas se trajo la 2ª Minicopa Infantil para Ourense

Cidade de As Burgas 2-0 Viaxes Amarelle

O Cidade de As Burgas fíxose co título na II Minicopa Infantil ante un Viaxes Amarelle FSF que tentou levarse o trofeo cun bo xogo, pero atopouse a un Cidade de As Burgas FSF cunha moi boa pegada e cos goles de Carmen Carballada e Sol Pedreira leváronse a copa para Ourense.

O partido empezaba cun Cidade de As Burgas que quería sorprender pronto ás herculinas, e nesa tesitura probaban con disparos exteriores para sorprender á porteira do Viaxes Amarelle, pero un conxunto herculino moi ben plantado en defensa e meritorias accións de Carmen evitaban o gol das ourensáns.

cidade_as_burgas_final_minicopainfantil8

Segundo pasaban os minutos, as herculinas empezaban a xerar perigo sobre a portería contraria e a ter máis ocasións sobre a meta do conxunto de As Burgas, pero o gol resistíase. Nestes momentos onde máis sufría o conxunto ourensán, tras continúas chegadas do conxunto dirixido por Natalia Seco, chegaría o gol do equipo dirixido por Sonia Pacios, onde tras unha rápida contra, María Carballada finalizaba cun disparo cruzado e poñía o 1-0 a falta de 40 segundos para o final do primeiro tempo.

As herculinas tentaron poñer a igualada nos últimos segundos, pero ambos os equipos terminaron por ir ao tempo de descanso coa mínima vantaxe do Cidade de As Burgas.

Na continuación, o conxunto anfitrión tentaba xerar xogo e buscar as oportunidades necesarias para igualar a contenda, pero atopábase cun Cidade de As Burgas FSF que defendía os ataques do seu rival cunha presión alta de balón. Grazas a esa presión alta, a falta de sete minutos para o final, Sol Pedreira rouba un balón en media cancha e tras superar á súa rival consegue armar un disparo desde os dez metros e supera á porteira herculina para poñer desta maneira o 2-0 no luminoso.

Aínda quedaba partido por diante e o conxunto herculino tentouno con xogo de cinco, e aínda que estiveron preto de recortar distancias, a boa actuación da meta ourensá impediu que o marcador se movese, facendo que as súas levasen o trofeo de campioas.

Cidade de As Burgas FSF: Alexandra, Alexia, Carmen Carballada, Ainhoa, Sol Pedreira (cinco inicial), María Fernández, Sofía Otero.

Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Olalla, Nuria Sánchez, Sara, Lucía Yu (cinco inicial), Carla Riomao, Andrea Rodríguez, Ana Capelo, Macarena, Cynthia, Lucía Sestayo.

Goles: 1-0 Carmen Carballada (min. 19); 2-0 Sol Pedreira (min. 33).

Noticias relacionadas