Auriense Futbol GaelicoEs noticia Futbol gaélico 

Cara e cruz para o Auriense F.G. na visita aos Irmandinhos de A Estrada

Auriense F.G. disputou os encontros de liga contra Irmandinhos de A Estrada, aprazados polo temporal de hai dúas semanas.

No cadro masculino, derrota por 34 (7-13) – 16 (3-7), nun encontro moi disputado e que se rompeu mediado o segundo tempo. Os ourensáns competiron contra o lider da categoría e mostraron a liña ascendente de xogo desta tempada.

Respecto ao equipo feminino, victoria por un axustado 46 (13-7) – 48 (12-12). Un partido con moitísimas alternativas que, finalmente, caeu para o conxunto do auriense nos derradeiros compases fo encontro.

A fin de semana que vén, ultimo encontro da primeira fase contra os equipos de Keltoi de Vigo, no Campus Universitario.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario