Cambados no frena a AurienseFG que suma su tercer triunfo consecutivo
Auriense FG 07-12 (33) – Cambados 03-01 (10)
Este domingo ás 16:30, no sintético da Universidade tivo lugar o enfrontamento entre o Auriense masculino e o Cambados F.G.
O partido comezou trabado con alternancias na ofensiva, pero o maior acerto por porta do Auriense fixo que o marcador no descanso reflexase unha vantaxe de 10 puntos para a equipa local.
Tralo descanso, o grupo ourensán impúxose no aspecto físico, e mellorando considerablemente a puntería, sendo o resultado final de 07-12 (33) Auriense – 03-01 (10) Cambados.
Con este resultado, 3 victorias en tres encontros, aupando ao equipo ourensán aos primeiros postos da clasificación.
O domingo, visita a casa do actual campión de Copa, o Estrela Vermella de Santiago de Compostela, que acaba de participar no Europeo de Maastrich, quedando en 7ª posición.
COMEZO DA LIGA FEMININA
Este domingo, de novo entra en xogo o Auriense feminino. Nunha das ligas máis igualadas dos últimos anos, o equipo ourensá aspira a todo, cunha renovación importante, pero mantendo o bloque base do ano pasado.
O rival, Estrela Vermella, que tamén vén de disputar con igual resultado o europeo de Maastricht, será un equipo complicado, nun emcontro que promete ser intenso e con múltiples alternativas no marcador.