Es noticia Futbol gaélico 

Auriense F.G. xa coñece o calendario da Liga Galega de Fútbol Gaélico

Calendario Liga Galega de Fútbol Gaélico

Veñen de publicarse os calendarios para a temporada 2017-2018 de Fútbol gaélico. Os dous representantes do Auriense, masculino e feminino, terán obxectivos ben distintos para tratar de consolidar o club e este deporte dentro da nosa provincia.

Por unha parte, o equipo masculino, comeza a tempada contra Herdeiros de Dhais, de Lalín, a fin de semana do 30 de Setembro. A primeira xornada, que debía enfrontalos contra Mecos de O Grove (rival directo para evitar o descenso), queda aprazada, debido a que o noso club, concretamente o equipo feminino, disputa un torneo cun combinado europeo en terras Irlandes, en Dublin do 21 ao 24.

Respecto ao equipo feminino, onde as aspiracións pasan por rematar entre as 3 primeiras da Liga, tamén debuta contra o equipo de Lalín a mesma fin de semana, ao suspender a segunda xornada de Liga contra Baithreachas de A Estrada.

Durante as vindeiras semanas, estanse a pechar diversos encontros amistosos, o que serán a posta a punto para unha tempada 2017-18 clave na progresión desta modalidade deportiva en Ourense.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: