Ampla representación do Club Atila na selección galega de Loita Olímpica
Torneo Internacional (GSB) Gran Slam de Braga de Loitas Olímpicas
Un combinado galego, formado por 40 deportistas, 4 técnicos e 1 responsable, acuden o sábado 25 de novembro o Torneo Internacional (GSB) Gran Slam de Braga de Loitas Olímpicas, que se celebra no pavillón municipal de Tibães.
Entre a relación de loitadores e loitadoras convocadas figuran cinco compoñentes do ourensán Club Atila:
- Loita grecorromana junior
- Paul Alberto Villamarín (74kg)
- Loita femenina cadete
- Rita Bravo (52kg)
- Loita olímpica escolar
- Gonzalo Caparrós (47kg)
- Carlos Grediaga (73-85kg)
- Raquel Bravo (40kg)
- Naiara del Río (44kg)
Esta nova convocatoria dos deportistas Galegos, forma parte dun cambio na preparación dos nosos deportistas, tratando dende a Federación Galega de Loita, que todos eles teñan un campionato o mes, o que significa un importante salto de calidade e cantidade na súa formación como loitadores e loitadoras.
As categorías desprazadas son: escolar, cadete, júnior e sénior. E Galicia competirá nas 3 modalidades Olímpicas, postas en liza no torneo GSB: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Loita Grecorromana.
Os seleccionadores Galegos que viaxan o campionato, teñen como principal obxectivo, dar continuidade os deportistas en cada grupo de idade e de peso, para ter unha selección de deporte base consistente.