O Club Alpino Ourensán organiza unha xornada para coñecer a escalada e a montaña
O fin de semana do 27 e 28 de xaneiro
Un ano mais, o Club Alpino Ourensán pon a experiencia dos seus asociados ao servizo do fomento das actividades no medio natural a través do proxecto » Coñece». Actividades pensadas para persoas que queren achegarse á montaña e a escalada dende cero, con total seguridade.
Dentro do proxecto «coñece» do Club Alpino Ourensán, co que pretende levar a Ourense os deportes de montaña, a entidade organiza o fin de semana do 27 e 28 de xaneiro dúas xornadas para coñecer a escalada e a montaña.
O sábado 27 de xaneiro de 2018 terá lugar ás 9:30 h unha xornada aberta á cidadanía de Ourense para coñecer a escalada no rocódromo municipal situado no pavillón dos Remedios. Ao día seguinte, domingo 28 unha actividade en Ancares, coa ascensión ao Penalonga, permitirá iniciarse e probar a montaña.
Dúas propostas con todos os compoñentes básicos deste tipo de actividades: compañeirismo, superación e reto persoal.
Para participar nestas actividades é imprescindible inscrición previa no Club Alpino Ourensán.