xogando a todoActividades Destacado Es noticia 

«Xogando a todo» un proyecto de la Asociación Universitaria de Ciencias da Educación y la Asociación ADO para el fomento del deporte

Hoxe botou a andar o proxecto «Xogando a todo» na Casa da Xuventude de Ourense. Esta iniciativa, proposta pola Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE, consiste en favorecer o coñecemento de diversos deportes de xeito lúdico ás usuarias da Asociación ADO de persoas con diversidade funcional.

xogando a todo

Cada mes, e os xoves pola mañá, monitoras da Asociación, amosarán un deporte a través de xogos, partidos e dinámicas alternativas, para fomentar os hábitos saudables entre todas as participantes. O mes de febreiro adicarase a balonmán, marzo a baloncesto; abril a baile moderno e maio a fútbol gaélico.

Ademais, este proxecto conta coa participación de Decathlon Ourense, que dotará de material específico para poder desenvolver as propostas de xeito axeitado, e da Casa da Xuventude, que cede as súas instalacións para os adestramentos.

De novo, a asociación universitaria busca a dinamización fóra das aulas, abrindo o seu espazo para interactuar coa sociedade ourensá, tratando de facilitar o acceso do deporte a todas as persoas, resaltando o carácter lúdico que este pode ter e animando ao fomento de hábitos saudables.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: