gimanasia esteticaDestacado Es noticia Gimnasia 

Ximnasia Pavillón Ourense lidera o ranking da Liga Federacións de Ximnasia Estética de Grupo trala fase de Lleida

Liga Federacións de Gimnasia Estética de Grupo

O equipo senior do Club Ximnasia Pavillón Ourense colócase primeiro no ranking da  Liga Federacións de Ximnasia Estética de Grupo tras a terceira fase celebrada en Lleida o sábado día 13 de outubro.

gimanasia estetica

O equipo senior de ximnasia estética de grupo do Club Ximnasia Pavillón desprazouse  este fin de semana a Lleida para participar na 3º Fase da Liga Federacións desta modalidade.

A nova especialidade de ximnasia está dando moi  bós resultados para a ximnasia ourensá.

O equipo senior formado por Nerea, Loreto, Antía, María, Lucía, Paloma, Lidia  e Sabela participaron xa ata día de hoxe en tres fases desta liga. Na primeira fase celebrada en Madrid  no mes de abril quedaron en 5ª posición, foron prata na segunda fase celebrada en Córdoba no mes de xuño e, tras esta terceira fase sitúanse no primeiro posto do ranking con un total de 21 puntos.

A fase final desta competición terá lugar en Bilbao próximo 24 de novembro coincidindo co Euskalgym, fase na que se citan todos os clubes e categorías do panorama nacional. O equipo loitará por facerse con unha praza para o pódium na clasificación final.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.