Xadrez.Ourense.A.Achégase.ao.Liderato.División.de.Honra.Ajedrez Destacado Es noticia 

Xadrez Ourense recupera o liderado na División de Honra galega

Club Xadrez Ourense achégase ao liderado tras “golear” ao Xadrez Galego en Vigo por 1-5

O Xadrez Verín cae pola mínima en Ferrol, pero sigue sumando na súa batalla pola permanencia na máxima categoría

A quinta xornada da Liga Galega de clubs na División de Honra, deparou resultados dispares para os dous conxuntos ourensáns nertea máxima categoría.

Xadrez.Ourense.A.Achégase.ao.Liderato.División.de.Honra.

O Club Xadrez Ourense viaxaba a Vigo para enfrentarse ao “Xadrez Galego” coa sempre difícil tarefa de conseguir un folgado marcador que achegase novamente á escuadra ourensana ao liderato, e superar rápidamente o traspés do sábado anterior ante o Círculo Chantadino. O xoven conxunto ourensán acadou o seu ambicioso obxectivo e logrou un amplo marcador a favor de 1 a 5, con victorias de André Ventura, David Gómez, Yudania Hernández, Martín Gómez Carreño e Gabriel Roma. Con este resultado o Club Xadrez Ourense “A” iguala no segundo posto co Universitario de Santiago (Campeón da Liga 2018) e sitúase a 2 puntos do Universidade de Vigo, que agora comanda a clasificación con 21,5 puntos, seguido de ourensáns e composteláns con 19.5, compartindo segundo posto.

Pola súa parte o Club Xadrez Verín visitaba terras departamentais para enfrentarse ao sempre difícil Circulo Ferrolán, malia a derrota final por 3.5 a 2.5 os verinenses suman 2.5 puntos que poden ser importantes na súa loita por manter a máxima categoría. As victorias dos verinenses chegaron de mans de David Lariño e de Luis Galego, mentres que Pedro Gil sumou 0.5 puntos gracias as táboas obtidas por este xoven xogador.

Xa dentro da Primeira División autonómica, O Liceo mantén o liderato grazas a súa victoria ante o filial “B” do Xadrez Ourense por 3-1, mentres que no derbi provincial o Benchoshey Sénior cedía no seu propio feudo ante o xoven conxunto do Xadrez Ourense “C” por 1.5 a 2.5. Pola súa parte o Universitario de Ourense vencía con autoridade en Vigo, superando ao Alekhine por 0 a 4.

Na Segunda División, O Xadrez Valdeorras superaba ao Ateneo de Ourense por un rotundo 4-0, goleada que provoca cambio de líder na categoría en favor dos Valdeorreses e en detrimento do Xadrez Celanova que cedía un empate (2-2) ante o xovencísimo conxunto do Xadrez Ourense “E”, outros resultados foron: Xadrez Mos “C” v.s. Universitario de Ourense “B” (1-3) e Benchoshey Fischer vs. Xadrez Tui (2.5 – 1.5)

Na Terceira División, e no que aos conxuntos ourensáns atinxe, os resultados foron os seguintes: Círculo Chantadino “C” vs. Xadrez Ourense “D” (0-4), Benchoshey Kaspárov vs. Universitario de Ourense “C” (3-1), Benchoshey Lásker vs. Celanova “B” (4-0).

Noticias relacionadas