Xadrez Ourense estará en el Campeonato de España tras derrotar a Narón
Os ourensáns derrotaron por un contundente 6-0 aos Coruñeses, na penúltima xornada de liga
10ª jornada de la liga Galega de Clubs de ajedrez
A décima xornada da liga galega de clubs foi moi propicia para os representantes ourensáns nas diferentes categorías, destacando a confirmación da clasificación do Xadrez Ourense “A” para o Campionato de España de Clubs que terá lugar o vindeiro mes de Agosto (primeira vez que un club ourensán estará entre os mellores do panorama nacional dende 2001). Tamén destacou a nova victoria do Liceo de Ourense que os leva a ter pé e medio na división de honra para a vindeira tempada, e tamén cabe citar o máis que previsible ascenso do Xadrez Celanova á primeira división para a tempada 2016.
División de honra
Na División de Honra o Xadrez Ourense “A” superaba por un contundente 6-0 ao Círculo de Xadrez Narón, resultado que garante ao 100% a clasificación dos ourensáns entre os 4 mellores clubs de Galicia o que lle dará a chave para participar no vindeiro Campionato de España de Clubs a disputarse o vindeiro mes de Agosto, en calquera caso, a falta dunha soa xornada que terá lugar o 11 de Abril, e coa 4ª plaza garantida, ainda se manteñen certas opcións de pódio. Na derradeira xornada o máximo representante do xadrez provincial viaxará a terras a Pontevedra para enfrentarse ao “Kárpov”.
Primeira división
Na Primeira división destacou o triunfo a domicilio do Liceo Recreo ante o Xadrez Marín por 0.5 a 3.5, o que prácticamente consolida aos liceístas como equipo da División de Honra para a vindeira tempada, salvo debacle na derradeira xornada. No importante derbi local na zona alta da táboa o xoven conxunto do Xadrez Ourense “C” vencía ao Universitario de Ourense “A” por 2.5 a 1.5. A Peña Xadrecista empataba na súa visita ante o potente Club Xadrez Bueu (2-2), mentres que Casa da Xuventude e Ateneo de Ourense (xa conxunto descendido), perdían por idéntico resultado (2.5 a 1.5, en ambos casos), nas súas respectivas visitas a Mondariz (ante o Marcote), e a Vigo (ante o Alkekhine), respectivamente. Pola súa parte o Xadrez Ourense “B” ratificaba con solvencia a súa permanencia tras derrotar ao Chigorín de Cangas por 2.5 a 1.5 nun emocionante encontro.
Segunda división
En Segunda división o Xadrez Celanova, malia o seu empate (2-2) ante o Deportivo de Vigo, mantén unha cómoda vantaxe sobre o 2º clasificado, polo que na derradeira xornada, salvo sorpresa, confirmarán o seu ascenso á primeira división para a vindeira tempada. No primeiro dos derbis provinciais o Xadrez Ourense “D” derrotaba ao Xadrez Bande por 3-1, mentres que o Xadrez Universitario “B” superaba ao Xadrez Loureiro 1.5 a 2.5, o que sitúa aos do Couto en zona perigosa. Dase a curiosa circunstancia para os conxuntos ourensáns, de que si na derradeira xornada o Celanova “golea” ao Altamira de Salceda de Caselas, ademais de confirmar o seu flamante ascenso, facilitará moito as opcións de salvación do Xadrez Bande e do Xadrez Loureiro.
Isa Gomez Gonzalez liked this on Facebook.
Celsa Perez liked this on Facebook.
Maria Milagros De Salas Alvarez liked this on Facebook.