xadrez provincialAjedrez Destacado Es noticia 

Xadrez Ourense e Benchoshey-Pereiro de Aguiar acaparan os podios provinciais de xadrez 2020

Campionatos Provinciais Individuais de Xadrez 2020

Os días 18 e 19 de xaneiro, simultáneamente no Centro Cívico de A Cuña e nos locais do Club Xadrez Ourense, disputáronse os campionatos provinciais individuais das 6 categorías que van desde Sub-8 a Sub-18, que unidas á categoría absoluta que se disputou os pasados 11 e 12 de Xaneiro nos locais de “La Troya”, sumaron un excelente total de 172 participantes entre todas as categorías, aspirantes todos eles a ocupar praza nos vindeiros campeonatos autonómicos individuais que terán lugar nas datas de entroido (Sub-18 e Sub-14) e en vísperas da Semana Santa, (o resto de categorías).

Nesta edición de 2020, e como ven sendo tradición nas últimas tempadas, dúas entidades, o Club Deportivo  Xadrez Ourense  e  o  Club Benchoshey-Pereiro de Aguiar  foron os principais acaparadores dos pódiums provinciais 2020 cos seus xadrecistas, con 9 e 8 medallistas respectivamente, sumando entre ambas entidades 17 dos 23 premios totais en litixio.

Gran parte dos Clubs da Provincia estiveron representados nesta cita provincial individual 2020, xa que ademais das dúas entidades mencinonadas, tamén houbo ampla presenza de clubes como Universitario de Ourense, Liceo Recreo, Xadrez Verín, Carlos Casares de Xinzo, Ateneo Club e Club Xadrez Celanova. Sendo a entidade máis participativa Club Deportivo Xadrez Ourense, con 88 deportistas participantes, entre todas as categorías. (máis dun 50% do total).

Medallero Ajedrez Ourense 2020

Dentro das categorías por ededades, en categoría Sub-8 o vencedor foi o xovencísimo Konstantin Kruglov (Club Xadrez Ourense), seguido de    Laura Diéguez Nóvoa e de Rodrigo Cid Abreu (ambos do Benchoshey – Pereiro de Aguiar). 

En categoría Sub-10 resultou vencedora a “doble medallista” Laura Diéguez Nóvoa (Benchoshey – Pereiro de Aguiar), seguida de Pablo Santás Rodríguez (Xadrez Ourense) e de Mateo Martínez Álvarez (Benchoshey – Pereiro de Aguiar).

Xa dentro da categoría Alevín (Sub-12), Pura Diéguez Nóvoa (Benchoshey – Pereiro de Aguiar) conquistou o ouro, mentres que Mateo Dibuja Conde (Liceo Recreo) e Manuel López Conde (Benchoshey-Pereiro de Aguiar), acadaron a prata e o bronce, respectivamente.

Xa en infantiles (Sub-14) o ouro viaxou ata terras de monterrei de mans de Tristán Alonso Rodríguez (Club Xadrez Verín), seguido de Alejandro Garrido Masid (Universitario de Ourense) e de Xoaquín López Conde (Benchoshey – Pereiro de Aguiar).

Dentro da categoría Cadete (Sub-16), Xacobe Conde Riveiro (Club Xadrez Ourense) foi o vencedor, seguido de César Pérez Dapoza (Liceo Recreo) e de Marcos Vázquez Gómez (Club Xadrez Ourense), mentres que o Ouro xuvenil (Sub-18) foise para o principal favorito, Martín Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), seguido de César Pérez Dapoza (Liceo Recreo) e de Mateo Díaz Gómez (Club Xadrez Ourense).

Dentro da categoría Sénior (Absoluta), disputada os días 11 e 12 de Xaneiro, o primeiro posto foi para Eloy Sixto Puente (Benchoshey-Pereiro de Aguiar), seguido de Marcos Vázquez Gómez (Club Xadrez Ourense) e de Óscar Salgado López (Club Xadrez Ourense), mentres que o Ouro feminino provincial Sénior foise para Alba Pérez Salgado (Club Xadrez Ourense) e o Ouro para os veteranos foise para o liceista J.Antonio Bello Filgueira, todo isto, dentro dun campionato provincial de categoría Sénior que celebraba a súa 30ª edición. (Ver historial dos Ctos. Provinciais Sénior de Ourense desde 1991).

Noticias relacionadas