Xacobe Conde proclamouse Subcampión de España de xadrez sub-12

Campionatos de España Individuais de Xadrez
O xoven xadrecista ourensán de tan só 12 anos de idade, Xacobe Conde Riveiro, acaba de proclamarse subcampión de España Individual da categoría sub-12, dentro da modalidade de xadrez rápido, que rematou o domingo 16 de Xullo na granadina localidade de Salobreña.
A competición congregou ata 141 participantes das 17 comunidades autónomas do panorama nacional, e pese que ao xadrecista do Club Xadrez Ourense, partía como número 36 do ránking inicial, realizou unha soberbia actuación e conquistou 7.5 puntos dos 9 posibles, tras chegar á derradeira rolda coas pezas brancas ante o nº 1 do Ránking Inicial, Rubén Fernández, o ourensán soubo aproveitar unha vantaxe de apertura para tras unha serie de creativas e rápidas maniobras facer ao seu adversario inclinar o seu rei sobre o taboleiro.
Esta partida pudo ser vista por decenas de miles de aficionados de toda España, xa que as primeiras mesas da competición foron retransmitidas en directo pola plataforma online da Federación Española, facendo posible que a emoción do xadrez chege a todos os fogares de xeito simultáneo.
Campeonatos de España Individuais sub-14
Con esta magnífica noticia para o xadrez ourensán os Campeonatos de España Individuais por categorías de 2017 chegan ao seu ecuador, dando comenzo o Luns día 17 de Xullo unha das categorías máis agardadas para o xadrez provincial, a categoría Sub-14.
Nesta categoría o vixente campeón galego individual, Martín Gómez Carreño, partirá co nº 5 do ránking inicial sobre unha participación total de 181 xadrecistas nesta edición 2017, na que Martín, tras un soberbio ano deportivo, pelexará por unha praza para o Europeo de Rumanía en Setembro.
Outros representantes ourensáns na categoría Sub-14 serán Mateo Díaz Gómez, Marcos Vázquez Gómez e Adrián Vázquez Velasco, todos eles do Club Xadrez Ourense.
Hai que salientar que nas categorías sub-8 lento, sub-10 lento, sub-10 rápido, e Sub-12 lento xa participaron varios xóvenes xadrecistas Ourensán, como Escarlata Alonso (Xadrez Verín), Pura Diéguez e Benjamín Diéguez (ambos do Xadrez Benchoshey) e Laura Gómez e o mencionado Xacobe Conde (ambos do Xadrez Ourense), resultando o máis salientable as actuacións de Xacobe en Sub-12 e a de Tristán Alonso en Sub-10 rápido.
As categorías Sénior, tanto feminina como masculina están previstas para Agosto e Setembro, en Linares (Jaén) e Canarias, respectivamente, categorías nas que xa tamén está garantida a representación ourensana.
info: xadrezourense.com