AurienseDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Victoria e derrota no cruce entre Auriense e Fill@s de Breogán da Coruña

Unha semana máis as 16:30 abriuse a xornada no Campo de Rugbi.

Enfrontábanse o Auriense e os Fillos de Breogán da Coruña, cuarto e terceiro clasificado respectivamente. Desta vez os rapaces comezaron primeiro. Nun partido frenético, marcado polo acerto a paos, os locais marcharon ao descanso cunha vantaxe de 1 punto. Na reanudación, o maior acerto de cara a porta do Auriense mantivo a vantaxe local, rematando cun resultado de Auriense 05-14 (29), Fillos 02-14 (20).

Auriense

Equipo feminino

A continuación no partido feminino, que comezou marcado polos continuos contragolpes de ambos equipos, destacando boas accións das porteiras de ambos equipos. Nos derradeiros momentos, o marcador chegou ao empate a 22 puntos tras unha serie de excelentes xogadas, mais o mellor acerto das herculinas rematou por darlle a vitoria as visitantes por so dous puntos. Auriense (22) Fillas (24).

A falta dunha xogada para rematar a Liga masculina, os equipos masculino e feminino mediranse a semana próxima aos Irmandinhos e Irmandinhas da Estrada.

Noticias relacionadas