Valioso triunfo de Auriense Campus da Auga F.G fronte as Fillas de Breogán
- O equipo masculino non lograba superar a os Fillos de Breogán
Na xornada do pasado sábado o equipo de Ourense enfrontábase a todo un coloso da liga, ao Fillxs de Breogán o que prometía augurar grandes partidos.
Auriense Campus da Auga F.G. 4-13 (25) vs 2-16 (22) Fillas de Breogán
As primeiras en saltar ao terrreo de xogo foron as rapazas que na primeira volta na Coruña xa venceran ás visitantes e querían volver repetilo. Así dende o minuto 0, puxéronse por diante no marcador cun gran xogo de pases e cunha gran chegada a portería. Malia todo as da cidade de Breogán non baixarían nunca os brazos rematando o primeiro tempo cun marcador igualado.

Na segunda parte as das Burgas deron un empuxón de intensidade e comezaron marcando distancia cas Fillas. Non sería cara aos 10 minutos que reaccionarían as visitantes recortando distancias e incluso pódose por riba pero as nosas loitadoras non cesaron de pelexar para así conseguir unha valiosísima vitoria escalando cada vez máis a postos altos da táboa.

Auriense Campus da Auga F.G. 1-15 (18) vs 7-18 (39) Fillos de Breogán
Despois da vitoria das rapazas tocoulle aos nosos rapaces. O encontro comezou con boas sensación e amosando a gran defensa dos locais e a súa capacidade de poñer en serios apuros aos visitantes. Malia todo os coruñeses tiveron gran acerto cara paos e na rede. Aínda así rematou o primeiro tempo cun axustado 11-16.
Trala reanudación o xogo decantaríase claramente para os Fillos, tras erros da defensa na hora do saque, permitíndolles anotar varios goles que serían fatais para aumentar a diferenza. Pese a todo non baixaron os brazos e seguiron a defender e a apretar aos visitantes. Cunha expulsión dun xogador local o partido poríase costa arriba para os nosos. Rematou o partido ca derrota pero ca idea que as cousas fanse cada vez mellor fronte a equipos fortes.