Triunfos para Auriense masculino e Afiadoras FG na xornada de gaélico
Na tarde do domingo a partires das 14.30 h e ata as 19.30 terían lugar 4 partidos de fútbol gaélico. Onde desputáronse 2 encontros da Liga Galega de Fútbol Gaélico e 2 da Liga Gallaecia-Conferencia Sur.
Liga Galega de Fútbol Gaélico
Así as primeiras en saltar foron as rapazas do Auriense Campus da Auga F.G. nun derbi fronte o eterno rival Keltoi GAC. No primeiro tempo o equipo vigués tentou impoñer o seu estilo e poñerse por diante as nosas rapazas tras un comezo de encontro con menor acerto, conseguiron resarcise e remontar así chegarían ao descanso igualadas.
Na segunda parte esta tónica manteríase pero caendo do lado olívico pola menor diferenza, 1 punto, unha mágoa prás nosas xogadoras que loitaron en todo momento. Sendo o resultado o seguinte: Auriense Campus da Auga F,G, 1-15 (18) vs Keltoi GAC 3-10 (19).
Os seguintes en xogar foron os rapaces do Campus da Auga, estes dende o minuto 1 tentaron impoñer o seu xogo póndose así por diante no marcador. Foi un choque moi reñido e cunha gran efectividade a paus e unha gran defensa por ámbalas dúas escuadras.
Así o equipo das Burgas mantivo a diferenza e conseguiu levar o derbi masculino para a casa. Quedando os marcadores así: Auriense Campus da Auga F.G. 3-17 (26) vs Keltoi GAC 4-10 (22).
Liga Gallaecia
Dentro dos partidos da Liga Gallaecia, o primeiro en xogarse foi a nosa escuadra local Afiadoras F.G. contra o equipo do Baixo Miño, Gróvias F.G., as nosas rapazas tardaron en entrar no partido o que fixo que o equipo visitante puxéranse por diante e manténdoo todo ao longo do 1º tempo.
Na segunda parte conseguiron remontar e amosar o seu estilo de xogo cunha gran defensa e un gran ataque recuperando balóns conseguiron que a victoria quedara na casa, sendo o resultado final: Afiadoras F.G. 4-11 (23) vs Gróvias F.G. 4-7 (19).
O segundo encontro da Liga Gallaecia e último do día na cidade de Ourense foi entre o equipo do Morrazo, Berobreo F.G. e do Condado F.G., tras un choque igualado pero que se levaría a victoria os do Condado, cun resultado de:Berobreo F.G. 3-12 (21) vs 6-13 (31) Condado F.G.