Auriense Futbol GaelicoDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Triunfo do Auriense FG sobre Pontevedra para confirmar o cuarto posto na liga feminina

Intensa xornada a vivida onte no Campus Universitario. Con bastante afluencia de público, comezou a tarde con partido feminino e victoria con solvencia das rapazas do Auriense.

Auriense Futbol Gaelico

Auriense FG 8-17(41)/3-18(27) Pontevedra

Un partido igualado no primeiro parcial, con tan só tres tantos de ventaxa para as locais, cambiou á volta dos vestiarios e, cun ritmo moi alto de xogo, conseguiu romper o partido a base de contragolpes ben finalizados.

Con este resultado, confirman o 4º posto a falta dun encontro de Liga, contra Ártabras de A Coruña.

  Auriense Futbol Gaelico

Auriense FG 3-7(16)/8-17(41) Estrela Vermella

En canto ao encontro masculino, oitavos de final de Copa Galicia, o partido foi moi similar ao xogado fai dúas semana, nos que os locais aguantaron ata o descanso, e finalmente perderon debido ao baixón fisico.

Auriense Futbol Gaelico

Este partido xogouse en formato 9 contra 9.

Remata así a tempada para o masculino, á espera de participar na Copa Shield e no Torneo Festas de Ourense.

Noticias relacionadas