Destacado Es noticia Gimnasia 

O Torneo de Nadal Ximnasia volveu para o disfrute do público

O Torneo finalizou con unha exhibición conxunta de temática navideña

NOVO ÉXITO DO TORNEO NADAL DE XIMNASIA

A pesares de ser un día pouco común para este evento, venres ás seis e cuarto da tarde, este Torneo volveu encher as gradas da Cancha Central con un público entregado en todos os exercicios que se exhibiron, de varias escolas municipais da provincia, ademáis do Club Quicela de Monforte, Club Ximnasia Pavillón e     Pavillón. Os exercicios máis aplaudidos foron os das máis pequeñas (grupo de iniciación do Escola Pavillón e minibenxamín do Club Ximnasia Pavillón), os exercicios de doble minitramp e a coreografía que as prebenxamíns do Club Ximnasia Pavillón, baixo a batuta da profesora de ballet, Irina, que foi unha representación de Blancanieves.

O Torneo finalizou con unha exhibición conxunta de temática  navideña que realizaron os equipos alevín e infantil de base do Club Ximnasia Pavillón xuntamente cos grupos de trampolín, que resultou moi vistoso e levantou moitos aplausos.

Moitas personalidades da política local e autonómica acompañaron ós organizadores na entrega de obsequios ós adestradores, ximnastas e ós participantes galegos nos últimos campionatos do mundo tanto absolutos como por idades.

A colaboración coa Operación Kilo de Amencer volveu ser un completo éxito de participación.

Master Class por Carolina Rodríguez

O sábado día 16 varias ximnastas dos clubes pavillonistas participaron na máster class que a Escola Deportiva de Xinzo de Limia organizaba impartida pola olímpica Carolina Rodríguez. E o domingo dous conxuntos (alevín base do Club Ximnasia Pavillón e benxamin federado do Club Ximnasia Escola Pavillón) participaban na exhibición da que Carolina era protagonista. Os dous equipos xuntos con unha coreografía de danza e o conxunto benxamín, ademáis, co exercicio que defendeu días atrás no nacional de Valladolid.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario