Destacado Es noticia Gimnasia 

Terceiro posto para as senior do Ximansia Pavillón no galego escolar de rítmica

O mércores día 6 de xuño, na Cancha Central do Pavillón dos Remedios, terá lugar a gala de Fin de Curso organizada pola Escola Pavillón

Campionato Galego nivel escolar – Marín

O conxunto senior de nivel escolar do Club Ximnasia Pavillón acadou o terceiro posto da clasificación no autonómico escolar, sendo esta unha competición que aumenta de nivel e número de conxuntos ano tras ano.

O conxunto alevín foi 15 na categoría de máis participación con unha moi boa nota (14,25).

O resto de conxuntos pavillonistas realizaron un bó papel a pesares de ser para moitas delas a súa primeira experiencia autonómica.

O mércores día 6 de xuño, na Cancha Central do Pavillón dos Remedios terá lugar a gala de Fin de Curso organizada pola Escola Pavillón, gala na que veremos a todos os conxuntos e individuais que rematan esta tempada e ademáis os conxuntos e individuais absolutos e base tanto do Escola Pavillón como do Club Ximnasia Pavillón.

O vindeiro fin de semana será a última cita da tempada para as ximanastas autonómicas, neste caso de nivel promoción.

Noticias relacionadas