Futbol Gaelico AurienseDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Tarde de Gaélico o domingo no campo da Universidade

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Este domingo, no campo da Universidade a partires das 14:30, teremos unha tarde chea de fútbol gaélico onde poderemos desfrutar do especial derbi da Liga Galega de Fútbol Gaélico, entre o combinado do Auriense Campus da Auga F.G. contra o eterno rival Keltoi Vigo GAC. O encontro feminino será o primeiro e o encontro masculino oa remate deste.

Futbol Gaelico Auriense

IV Xornada da Liga Gallaecia- Conferencia Sur

Tralos partidos masculinos e femininos irá a IV Xornada da Liga Gallaecia- Conferencia Sur. Onde poderemos desfrutar de dous choques moi interesantes.

O partido que abrirá a veda será o Afiadoras F.G. contra o equipo do sur do país Gróvias F.G. Logo teremos un choque pontevedrés onde veranse por vez primeira o Condado F.G. e o equipo do Morrazo Berobreo F.G.

Unha gran ocasión para coñecer o noso deporte con esta gran xornada de fútbol gaélico na nosa cidade.

Noticias relacionadas