Actividades Destacado Es noticia 

Sportur Galicia visibilizará a potencialidade do turismo deportivo en Galicia

III Salón do Deporte e Turismo Activo

  • O III Salón do Deporte e Turismo Activo celebrarase en Expourense os días 15 e 16 de novembro e será punto de entreda de dorsais para a XLIII Carreira Popular de San Martiño
  • A celebración do 1º Congreso Ibérico de Turismo Deportivo de xeito paralelo e complementario ao salón será a principal novidade desta edición
  • Contará coa presenza dun cento de participantes que organizarán un programa con máis de 60 actividades entre exhibicións, adestramentos, campionatos e obradoiros

Contribuír á desestacionalización do turismo achegando visitantes de proximidade a Galicia a través do deporte. Este é un dos obxectivos da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrará en Expourense os días 15 e 16 de novembro e que tamén servirá para visibilizar o traballo realizado durante todo o ano por parte das federacións e clubes deportivos da comunidade. A celebración desta terceira edición servirá de quecemento para a XLIII Carreira Popular de San Martiño cuxos corredores recollerán os seus dorsais no recinto feiral nos días previos a esta proba deportiva que xa acadou preto de 11.000 inscritos.

A terceira edición de Sportur Galicia foi presentada esta mañá na delegación territorial da Xunta de Galicia nun acto no que participaron a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; e a directora adxunta de Expourense, Emma González. Marisol Mouetria comentou que “en Galicia, non podemos desperdiciar o potencial para incrementar o fluxo de turistas desta relación (turismo+deporte), que na actualidade é un fenómeno que vai en aumento e que está abrindo multitude de oportunidades para o sector”.

A principal novidade desta edición é que se celebrará de xeito paralelo e complementario o I Congreso Ibérico sobre Turismo Deportivo que comezará xa o día 14 de novembro e que reunirá a 300 asistentes de toda a Península. Este evento analizará a actualidade duns ector que xera en España ingresos de 13.800 millóns de euros ao ano; que está entre as tres principais motivacións dos turistas estranxeiros que visitan España e que é, sen dúbida, unha oportunidade para a diferenciación dos destinos e para o seu desenvolvemento económico. Outra das novidades desta edición será que estará colocada a pista de atletismo hidrúalica coa que conta o recinto feiral e que permitirá realizar probas deportivas como s englobadas no “Xogando Atletismo”.

Programa de actividades Sportur Galicia 2019

sportur galicia 2019 programa

Esta terceira edición conta con patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, da Axencia Galega de Turismo, da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Ourense. Sportur Galicia 2019 convoca a un cento de participantes, e a 4 países representados, entre os que destacan as federacións e clubes deportivos de Galicia e destinos de turismo

activo e vencellados coa natureza que comparten espazo con empresas especializadas na organización integral de actividades deportivas entre outros. Entre os expositores procedentes de Portugal destaca a presenza dos parceiros de Turismo Porto e Norte que animou ás cámaras municipais a presentarse como destino activo de proximidade. Dentro desta rexión tamén haberá outros destinos que participan de xeito independente.

Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias) para que poidan coñecer os servizos, produtos e opcións vencelladas co turismo activo e o deporte que ofrecen os expositores. Tamén se converterá nun bo escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade, xa que do cento de participantes, 36 son clubes e asociacións de distintos deportes que aproveitarán a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos, campionatos e clases abertas para os visitantes.

Sportur Galicia está organizado por Expourense coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e da Axencia de Turismo de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes e de Turismo. Esta cita celebrarase venres e sábado, o que facilitará ademais a presenza de escolares e tamén de estudiantes de Formación Profesional procedentes de toda Galicia.

Accións profesionais

A terceira edición de Sportur Galicia reforza a súa compoñente profesional para posicionase tamén como centro de negocios a través de acción como o 3º Workshop de Turismo Activo de Galicia no que participarán 15 maioristas de viaxes especializados neste sector de España, Portugal, Irlanda e Reino Unido que contarán cun completo programa que os llevará a manter reunións B2B cos representantes de destinos de turismo activo presentes no salón, así como a participar nas presentacións de destino que realicen os expositores.

Programa de Actividades

Sportur Galicia 2019 volverá ser un evento único que conxugue turismo e deporte con educación e coa adopción de hábitos saudables que poidan mellorar a nosa calidade de vida. A finalidade é ofrecer novas opcións aos que xa practican deporte e animar aos demais a que tamén o fagan. Para conseguir isto, o salón conta cun completo programa que supera o cento de actividades.

As 36 federacións e asociacións e clubes deportivos presentes en Sportur Galicia realizarán distintas actividades. O programa completo con día e hora pode consultarse na web do evento, www.sporturgalicia.com . Os deportes que estarán representados nesta cita son: ciclismo; escalada; atletismo; slalom para deporte adaptado; marcha nórdica; zumba e baile; ximnasia rítmica; voleibol; kung-fu; deportes náuticos (piragüismo, remo, kayac e Canoa, vela, etc.); pitch and putt; mini basket; rugby; taekwondo; halterofilia; baloncesto; esgrima antiga; kickboxing; xadrez; pentatlón moderno; tiro virtual; tiro con arco, etc. Moitos deles aproveitarán a súa presenza en Sportur para organizar campionatos a nivel provincial e autonómico. Destacan ademais as actividades do programa “Xogando Atletismo” organizadas pola Federación Galega de Atletismo que convocarán a centos de deportistas de varios centros educativos.

Haberá tamén actividades permanentes que converterán a Sportur nunha boa opción para as familias con opción como o hinchable xigante “Iron Children” achegado pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense; obradoiros de maquillaxe, chapas e tatuaxes; ou os simuladores de práctica de distintos deportes náuticos ou de tiro.

Un ano máis, Sportur Galicia será o espazo elixido para facer entrega das medallas das probas “Correndo por Ourense” que organiza o Consello Municipal de Deportes de Ourense. A entrega será o sábado 16 de novembro ás 19.00 h.

A entrada a Sportur Galicia é gratuíta. As novidades desta cita poden seguirse a través da súa web www.sporturgalicia.com ou dos perfiís en Facebook e Twitter. O horario de feira será o mesmo durante os dous días: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.