Bádminton Destacado Es noticia 

Seis medallas máster para el Club Athlos en el nacional de Pollença

CAMPIONATO DE ESPAÑA SÉNIOR (POLLENÇA, MALLORCA)

Mercedes Fernández, Dolores Sarmiento, Javier Galicia, Luis Ángel Veloso, Julio Fernández Pérez e Julio Fernández Valencia representaron ó club entre os días 03 e 05 de maio no Campionato de España Sénior en Pollença (Mallorca).

 

Un total de 6 medallas para eles: un ouro, tres pratas e dous bronces.

Mercedes Fernández demostrou o seu gran nivel a nivel nacional ó proclamarse CAMPIOA de España de IFC1, impoñéndose na final a Elena Barberá por 21-14/21-11

Julio Fernández Valencia foi Subcampión en DMB1 xunto a Diego Freire de Cedeira.

Julio Fernández Pérez foi Subcampión en DMSV+ xunto a Erling Vidstein de Terrassa e tamén en DXSV+ con Marisa Giráldez de Tui.

Bronce para Luis Ángel Veloso en DXA1 con Cristina González tras caer nunha axustada semifinal a 3 sets.

Bronce para Dolores Sarmiento en IFB2.

MÁSTER SUB 13-17 (OVIEDO)

Ana Nóvoa campioa en IF13 no último máster desta tempada, previo ó Campionato de España sub 13 que se celebra en Santander entre os días 7 e 9 de xuño. Superou na final a Laura Anglada por 21-18/22-20.

Suma un novo bronce en DX13 xunto a Iker Rodríguez do CB As Neves, ó completar un gran partido contra Aroa Menéndez e Miguel González de Vegadeo, remontando 14-8 e 13-7 en contra no 2° e 3° set respectivamente.

Además, Brais Caride participou como árbitro de pista no Máster.

FINAL COMARCAL ZONA AS BURGAS (OTERO PEDRAYO, OURENSE). OURENSE É INCLUSIVO

O sábado celebrouse a penúltima proba do Bádminton Escolar Xogade da tempada 2018-2019, que culmina coa Final Provincial o día 01 de xuño.

De novo, unha xornada de BÁDMINTON INCLUSIVO coa participación de Antía Gil, Nacho Fernández e Laura Gómez, que competiron cunha pista adaptada ás características individuais de cada un deles.

Preto de 100 xogadores participaron nesta proba, que se celebrou entre as 10:00 e as 15:00 no Polideportivo O Pompeo.

Os 4 primeiros clasificados de cada categoría obtiveron a clasificación directa para a FINAL PROVINCIAL.

Noticias relacionadas