AurienseDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Resultados da xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico

XVI Xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico

A tarde comezou co choque entre os equipos femininos do Estrela Vermelha e as rapazas da cidade das Burgas. As baixas no conxunto local condicionaron o partido, que foi propiedade do conxunto da capital durante todo o encontro. Un novo partido para sumar boas sensacións e seguir competindo a gran nivel. O resultado final, Auriense 4-7 (19), Estrela Vermelha 10-16 (46).

Auriense

A continuación chegou o turno dos rapaces, que xogaron un intenso partido a ida e volta. O encontro tornouse frenético nos últimos intres, no que un gol local daba a vitoria momentanea ao conxunto das burgas ata que no último segundo un punto dos composteláns situaba o tanteo final en Auriense 3-10 (19), Estrela Vermelha 2-13 (19).

Na próxima xornada, tanto rapazas coma rapaces reciben a visita dos Fillos e Fillas de Breogán da Coruña

Noticias relacionadas