Sportur xunta lete deputacion baltarActividades Destacado Es noticia 

Presentación oficial del I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo

I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo – Salón do Deporte e do Turismo Activo ‘Sportur Galicia’

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz, presentou na mañá de hoxe en Expourense o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo no marco do Salón do Deporte e do Turismo Activo ‘Sportur Galicia’, que “xorde como a mellor idea para complementar a feira cun amplísimo programa de actividades e unha lista de relatorios impartidos polos mellores profesionais do sector”. O Congreso nace como un espazo no que, “partindo da valiosísima infraestrutura coa que conta Galicia, coñecer casos de éxito de destinos e modelos españois e internacionais que poden ser adaptados e reproducidos por outras entidades”. Na presentación tamén participaron o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, a concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure e a directora de Expourense, Emma González.

Sportur xunta lete deputacion baltar

O I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo celebrarase en Expourense os días 14 e 15 de novembro de forma paralela e complementaria á terceira edición de ‘Sportur Galicia’, Salón do Deporte e Turismo Activo. O Congreso está organizado pola Secretaría Xeral para ou Deporte, a Axencia Galega de Turismo, a Deputación Provincial de Ourense e Expourense e conta coa colaboración da Asociación do Deporte Español e do Concello de Ourense. Trátase dun evento dirixido aos profesionais do sector como poden ser as federacións deportivas; Pemes e autónomos do sector do deporte e o turismo; Axencias de viaxes; Clubs e empresas do deporte; Alumnado e profesorado de e ensinos deportivos ou turísticos e Administracións públicas con competencia en deporte ou en turismo.

O programa deste congreso dividirase en cinco eixos: políticas públicas, turismo activo e náutico, eventos deportivos, desenvolvemento de destinos e simbiose deporte-turismo.

Contará coa participación de 20 relatores de España e Portugal que son expertos en turismo deportivo, un dos subsistemas turísticos con maior crecemento interanual. Darán a coñecer casos de éxito de destinos e modelos españois e internacionais que poden ser adaptados e reproducidos por outras entidades e que poden resultar inspiradores para o desenvolvemento económico sustentable de destinos turísticos en todo o mundo. Analizaranse ademais as sinerxias existentes entre os sistemas deportivo e turístico, das que xurdirán oportunidades e ideas para as entidades e persoas que conforman ambos os sistemas.

A inscrición para participar no 1º Congreso Ibérico de Turismo Deportivo é gratuíta e debe de facerse a través da web www.congresoturismodeportivo.com.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.