Eff rosalia pereiro foto David MartinezDestacado Es noticia Futbol 

Pontecaldelas próxima parada de las sénior de Rosalía

As senior de Rosalía viaxan a Pontecaldelas co obxectivo de seguir ca xeira de resultados positivos.

Domingo, 17:00, Campo de A Lama

La EFF Rosalía visita ao decimo terceiro clasificado no que pode ser un partido trampa, “é un equipo que leva cero puntos pero non significa nada”, sinalou Iván Canal en rolda de prensa.

Pola parte das ourensáns o equipo chega cunha xeira positiva inda que encaixando moitos goles e dando demasiadas facilidades as rivais defensivamente falando. Fora da casa levan dous partidos e os dous gañados a base de remontar resultados adversos.

No apartado de lesionadas continúan os problemas de xeonllo de Judith e Feijoó, a baixa de Aldara Sequeiros, que apunta a voltar ao grupo para a semana que ben e Isabel, que se mancou nun nocello no derradeiro adestramento da semana.

O rival
Ponte Caldelas ainda non puntuou nin marcou esta tempada, atópase no posto 13 da clasificación cun balance de 0 goles a favor e 24 en contra.

Precedentes
Terceira ocasión que a EFF Rosalía  e a SCD Ponte Caldelas se enfrentan, cun balance dunha victoria para cada equipo e de 7 goles a favor para as locais e 2 en contra, xa que a tempada pasada os resultados foron de 1-5 no Monte da Aira e 0-1 no Chan da Barcia.

Convocatoria
Porteira: Rocio.
Defensas: Noa Domínguez, Andrea, Aldarilla e Isis.
Centrocampistas: Alba, Lucía, Noa Fírvida, Patricia, Ainara, Sabela, Yadira e Marta.
Dianteiras: Silvia, Noui e Zaira

Son dúbidas Isis e Alba, polo que pode haber cambios antes do partido.

Resto da xornada
No resto da xornada destacaríamos o partido do Nuevo Municipal de Bueu entre as locais e o Pereiró e o Racing de Vilariño que recibe no San Pedro ao Balaídos. Pola parte baixa, Marín terá difícil puntuar esta xornada ao enfrentarse ao líder Chispa, mentres que o Mosteiro recibe a un Gondomar que viaxa a Meis despois de golear ao Ponte Caldelas.

Os horarios reán todos en xornada de domingo:

  • 12:00h SD Chispa – Marín CF
  • 12:00h CD Mosteiro – Gondomar FB
  • 16:00h Umia “B” – SD Noalla
  • 17:00h Juv. Cambados – SpC San Mateo
  • 17:00h CD Bueu – EDVM Pereiró
  • 17:00h SCD Ponte Caldelas – EFF Rosalía
  • 20:00h Racing de Vilariño – Balaidos CF

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.