Destacado Es noticia Futbol 

Pabellón CF fue el gran dominador del “Manolo Carrera” benjamín

VII Memorial Manolo Carrera

A festa do fútbol base tivo lugar hoxe en O Monte da Aira. A VII Memorial Manolo Carrera, organizada por CD Velle, na súa categoria Benxamin disputouse iste sábado nas instalación deportivas de Velle. Este Memorial homenaxe a Manolo Carrera, un traballador do deporte de base, trouxo a Velle a case que 300 nenos e preto de 1500 asistentes. Convertendo este torneo nun referente dos torneos de base da comunidade autónoma.

Nesta VII Edición estiveron representadas as Escolas de Fútbol Base dos equipos punteiros de Galicia como son R.C. CELTA DE VIGO, R.C. DEPORTIVO DA CORUÑA e C.D. LUGO, Xunto con CDC Santa Teresita, Colexio Concepción Arenal, CD Allariz, Ourense CF, EDC Barbadás, EDO, Pabellón CF, Areosa CF, UD Ourense, Rápido de Bouzas, UD Santa Mariña, SD Nogueira e Pabellón Promesas. Ademais dunha representación do pais veciño, coa participación do GD Chaves.

Preto de 60 partidos permitiron dilucidar o gañador desta edición que foi o Pabellón CF. Equipo que foi moi superior o longo do torneo e que en dura disputa na final polo título con RC Celta de Vigo o que venceu por un claro 2 a 0 se fixo con esta séptima edición. Conseguindo desta forma resarcirse da derrota sufrida na edición pasada ante o RC Deportivo. Antes da final houbo un emotivo recordo a Manolo Carrera, facendo o saque de honra a súa muller Concha Fernández. Mavi Carrera, a súa filla, lembrou a ardua labor do seu pai e agradeceu o clube a homenaxe que o seu pai se lle fai coa desputa deste torneo.

Tamén nos permitiu ver este Memorial alguns rapaces e rapazas que serán seguro, figuras nun futuro próximo. Destacamos a Pablo Rodríguez do Pabellón CF que obtivo o titulo a mellor xogador e a Nico Goméz da SD Nogueira como mellor gardameta do Memorial.

 

O cadro de gañadores do torneo quedou da seguinte forma: Gañador Pabellón CF, Subcampeón RC Celta, Terceiro Areosa. Na fase de Consolación o gañador foi o CD Lugo, sendo segundo a Santa Mariña, mentras foi terceiro o Rápido de Bouzas.

Este torneo é outra aposta mais da Escola de Fútbol do CD Velle polo fútbol base. Un clube modesto que xa dende o ano 1976 ven sendo canteira inesgotable de xogadores para a maioría de clubes que conforman as distintas ligas e categorías da nosa provincia.

Maña terá lugar o Torneo na súa Categoría Prebenxamín.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.