Oscar Salgado regresó a los tableros compartiendo título en el Open Internacional de Valencia
Open Internacional «EDAPA» – Valencia 2019
O experimentado xadrecista do Club Xadrez Ourense, Óscar Salgado López, volveu aos taboleiros tras unha longa paréntese, e fixoo con éxito, no Open Internacional «EDAPA» disputado en Valencia o pasado fin de semana.
Óscar, que viña de participar como «reserva de luxo» no 1º equipo do Club Xadrez Ourense que acaba de lograr o Bronce na Liga de 1ª División finalizada en Linares o pasado día 1 de Setembro, reencontrábase co xadrez de competición e finalizou no segundo posto neste Open Internacional disputado en terras levantinas.
Salientar que o maior da saga dos Salgado López, rematou con 6.5 puntos dos 7 posibles, empatado co vencedor, o valenciano Pablo Aymerich, e superando a complicados rivais como o Mestre Fide Colombiano Alexander Riasco, ou o peruano Edmundo León, entre outros.