Xadrez Ourense Cadete. Campeón Copa Galicia Equipos 2019.Ajedrez Destacado Es noticia 

Os equipos ourensáns dominadores na Copa Galicia de Clubs de xadrez

Dous ouros e un bronce viaxaron para a nosa provincia nunha forte e vibrante edición 2019

O Sábado 25 e o Domingo 26 de Maio, a localidade coruñesa de Noia acolleu a Copa Galicia de Clubs 2019, unha moi concurrida e potente edición ésta de 2019, na que se deron cita 39 equipos de toda Galicia.  A proba copeira pertence ao calendario oficial da Federación Galega de Xadrez e contou coa organización do Liceo Marítimo de Noia.

Os conxuntos ourensáns tiveron un enorme protagonismo nesta edición 2019, tanto na categoría cadete (disputada o sábado 25) como en categoría Sénior, (que tivo lugar o domingo 26 de Maio).

Ata 11 escuadras se deron cita na xornada do sábado para definir ao campeón de Copa Galego da categoría Cadete (Sub-16), finalmente e tras unha intensa xornada o Club Deportivo Xadrez Ourense conquistou o trifunfo tras catro victorias parciais e un empate, sumando  9 puntos e polo tanto acadando o Ouro e 1º posto.

Xadrez Ourense Cadete. Campeón Copa Galicia Equipos 2019.

O equipo composto por Martín Gómez Carreño, Mateo Díaz Gómez, Marcos Vázquez Gómez, Xacobe Conde Riveiro e Adrián Vázquez Velasco, foi seguido na táboa por o Fontecarmoa de Vilagarcía con 8 puntos e polo Xadrez Mos de Pontevedra, con 7 puntos, de entre as 11 escuadras participantes. 

Hai que salientar, que este equipo, leva proclamándose campión da Copa Galicia de Clubs, en categoría Cadete, por terceiro ano consecutivo, un feito sin precedentes dentro do xadrez autonómico.

Xa dentro da categoría Senior disputada o Domingo, prevíase unha vibrante e emocionante xornada, nunha moi potente edición 2019, con ata 28 equipos participantes e procedentes das 4 provincias galegas, entre eles máis de 100 xogadores con ránking internacional e como dato importante salientar que máis dunha ducia de xadrecistas contaban con titulación de Mestría Internacional, (e nada menos que ata 4 deles coa máxima titulación, a de Grande Mestre Internacional). Ademáis dos fortes conxuntos ourensáns da División de Honra Autonómica 2019 (o Club Xadrez Ourense e o xa consolidado Club Xadrez Verín), hai que mencionar a presenza de reforzados e históricos equipos Galegos, como Círculo Ferrolán, Xadrez Galego de Tui, Fontecarmoa de Vilagarcía, Xadrez Rianxo ou Xadrez Padrón, entre outros.

As competición marchou máis que aceptablemente para os conxuntos ourensanos máis en forma (Xadrez Verín e Xadrez Ourense), tanto é así, que se pudo falar dunha “final”, ourensana na 6ª e derradeira rolda,  xa que Club Xadrez Ourense e Club Xadrez Verín, ata o momento co-lideres con 9 dos 10 puntos en litixio, disputábanse o título na primeira mesa da competición.

Dos 4 taboleiros en litixio, os capitalinos tiñan suficiente cun empate (2-2) debido ao mellor coeficiente provisional de desempate, pero tras unha fermosa e intensa batalla, e xa nos últimos segundos de crono, o Grande Mestre e nº 1 do Xadrez Verín, David Lariño, lograba superar tras vibrante partida ao Grande Mestre Jorge Viterbo, (recén chegado de Nova York e que acompañará a Iván Salgado como primeiros espadas do Xadrez Ourense na vindeira Liga Española de 1ª división, o vindeiro Agosto, en Linares, co Xadrez Ourense).

 Así pois, o Conxunto Verinense acadaban un merecido 1 – 3, e con iso proclamábanse campións dunha emocionante edición da Copa Galicia de Clubs 2019, (equipo composto por David Lariño, Luis Galego, Ivo Dias e Pedro Gil), mentres que no segundo lugar “colouse o Xadrez Galego de Pontevedra” que sacaba rédito á súa folgada victoria no último match e o Club Xadrez Ourense, debía conformarse co bronce, malia iso saía como entidade máis galardoada, grazas ao título da xornada anterior co equipo Sub-16. (compuxeron o Xadrez Ourense Sénior para esta cita copeira, Jorge Viterbo, André Ventura, David Gómez e Miguel Teixeira)

Convén salientar a excelente colleita de premios para os equipos ourensáns, con ata 3 dos 6 pódios en litixio (dous ouros e un bronce), cunha embaixada total de 7 equipos entre as 39 entidades participantes.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: