Destacado Es noticia Gimnasia 

Os clubs pavillonistas exhiben a súa base nas finais provinciais de rítmica

XIMNASIA RÍTMICA- CELANOVA- 11 DE MAIO

  • FASE FINAL PROVINCIAL NIVEL ESCOLAR
  • FASE FINAL PROVINCIAL PROMOCIÓN
  • III FASE COPA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Os clubs pavillonistas seguen dando mostras dunha base deportiva sólida

  • FINAL PROVINCIAL ESCOLAR: : Catro conxuntos campións provinciais, catro subcampións,  dous bronces e un total de 12 conxuntos clasificados para a final autonómica (do total de 16 conxuntos presentados)
  • FINAL PROVINCIAL PROMOCIÓN:
    • CONXUNTOS: os cinco conxuntos irán o autonómico
    • INDIVIDUAL: un ouro, dúas pratas e un bronce

O sábado día 11 de maio, no Pavillón Municipal de Celanova competían un total de 13 conxuntos do Club Ximnasia Pavillón Ourense e 8 do Escola Ximnasia Pavillón, ademáis dun total de 4 ximnastas individuais, nas Fases Finais dos niveis Escolar e Promoción.

Por outra parte 6 ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense disputaban a terceira fase de Copa Deputación. Neste caso a clasificación final dependerá da suma de dúas destas fases máis a final que terá lugar en Xinzo de Limia o vindeiro 25 de maio.

Xa pola tarde, despois da competición individual escolar houbo variados exercicios de exhibición de todos os niveis.

FASE FINAL NIVEL PROVINCIAL CONXUNTOS

Despois de dúas fases, a primeira delas en Maceda, o nivel escolar segue a ser xermo dunha importante estructura deportiva para os clubs do Pavillón. Entre ambos clubs presentaron un total de 16 conxuntos neste nivel dende as categorías prebenxamín ata senior, non deixando ninguha delas sen participación e mostrando en todas un excelente nivel deportivo. Resaltamos a categoría prebenxamin onde o Club Ximnasia Pavillón Ourense fixo pleno (1º, 2º e 3º clasificado). Un total de catro ouros, catro pratas e dous bronces foi o botín do Pavillón. Ademáis destes dez, outros dous conxuntos máis foron clasificados, por estar entre os cinco primeiros, para a Fase Autonómica. Serán por tanto doce os conxuntos do Pavillón que estarán no autonómico.

O equipo técnico está moi satisfeito do rendemento de todos/as ximnastas e xa pensa na organización da próxima tempada que terá importantes modificacións cara a continuar mellorando dende a base. Os resultados de todos os conxuntos presentados foron os seguintes:

  • CATEGORÍA PREBENXAMÍN:
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE A: 1º- Campión provincial
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE C: 2º- Subcampión provincial
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE B: 3º
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN: 9º
  • CATEGORÍA BENXAMÍN:
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN: 1º- Campión provincial
  • CATEGORÍA ALEVÍN:
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN A: 2º- Subcampión provincial
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN B: 4º
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN RIBADAVIA: 7º
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN C: 11º
  • CATEGORÍA INFANTIL:
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE B: 1º- Campión provincial
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN: 2º- Subcampión provincial
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE A: 4º
  • CATEGORÍA CADETE:
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE A: 2º- Subcampión provincial
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE B: 3º
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE C: 6º
  • CATEGORÍA SENIOR:
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE: 1º- Campión provincial

 

FASE FINAL NIVEL PROMOCIÓN CONXUNTOS E INDIVIDUAL

Neste nivel foron poucos os clubs ourensáns que presentaron ximnastas, polo que todos os conxuntos e individuais provinciais tiñan xa o pase asegurado. Participarán na final en Ourense, por tanto, os conxuntos benxamín, alevín, cadete e senior do Club Ximnasia Pavillón Ourense e o conxunto alevín do Escola Pavillón, ademáis dos tres ximnastas individuais do Club Ximnasia Pavillón Ourense e unha ximnasta alevín do Escola Pavillón.

Destacamos a cada vez maior representación masculina, dous nenos irán o autonómico.

Os resultados individuais dos ximnastas pavillonistas que se presentaron a esta fase final promoción foron os seguintes:

  • CATEGORÍA BENXAMÍN:
    • JOSÉ VÁZQUEZ GÓMEZ (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 1º-
    • CRISTINA PÉREZ GONZÁLEZ (ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN): 2º
  • CATEGORÍA ALEVÍN:
    • DAMIÁN GÓMEZ DIOSDADO (ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN): 2º
    • ISABEL GÓMEZ GÓMEZ (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 3º

 

III FASE COPA DEPUTACION

No caso dos conxuntos, a nota da  fase escolar suma para a clasificación final de Copa Deputación, que se disputará en Xinzo de Limia o  día 25 de maio. Ata o de agora os conxuntos do Pavillón están moi ben posicionados cara á clasificación final.

En canto a clasificación individual desta fase de Copa Deputación, os resultados foron os seguintes:

  • CATEGORÍA PREBENXAMÍN:
    • LARA BARANDELA VÁZQUEZ (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 1º
    • PATRIK CÉLIS LÓPEZ (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 2º
  • CATEGORÍA INFANTIL:
    • AINARA ÁLVAREZ NÓVOA (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 1º
    • DANIELA RODRÍGUEZ LOSADA (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 4º
    • BRISA G. CABRERA MACHADO (ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN RIBADAVIA): 6º
  • CATEGORIA SENIOR:
    • PAULA PORTO URBANO: 1º

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.